Páxina

martes, 31 de marzo de 2020

XOGO PARA ORDENADOR

Ola familias!!!!

    Espero que estedes levando ben estes días. Sabemos que os días pesan pero non queda outra que adaptarnos a esta circunstancia nova que nos tocou vivir e se é cun sorriso cada mañá moito mellor. Sempre hai que ver o lado positivo das cousas que suceden no mundo... e seguir cara adiante. Xuntos poderemos saír pronto de toda esta situación. Estamos seguras!!

Hoxe queremos deixarvos, por se vos serve de axuda, un xogo para ordenador co que os nenxs, ademais de aprender xogando, traballarán o manexo do rato e do ordenador... e no que atoparán un pouco de todo: xogos para a lectoescritura, lóxicamatemática, música, inglés...  Esperamos que vos sirva para facer estes días de confinamento un pouco máis ameno.

Para acceder a ela só tedes que premer no enlace... 






E premendo neste enlace, accederes a moitos outros xogos



Unha aperta familia e a levalo o mellor que se poida!!!!!! 


Pronto nos vemos. 

MENTE POSITIVA

#todovaasalirbien 

#xuntospodemos

#yomequedoencasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario