Páxina

martes, 24 de marzo de 2020

MOITO ÁNIMO!!!!


Ola familias!!!!

   Por aquí seguimos, propoñendo ideas para estes días, que parece que se alongan un pouco máis do esperado. Dende aquí queriamos aproveitar a ocasión para decirvos que o mais importante é que non decaia o ánimo. Os recursos que vamos colgando é para que vos teñades ideas de cousas para facer cos nenxs, pero sin agobios. Entendemos que, a medida que pasan os días, vaise facendo todo mais complicado... Esta situación non é facil para ninguén, nin adultos nin pequenos, así que a primeira regla é: tranquilidade. Haberá días que non queiran facer nada, que se amosen aburridxs... ou que incluso vos os atopedes saturados, agobiados pola situación. É normal. Non pasa nada. Aproveitade para estar en familia, para xogar, para cociñar, para inventar, para ver películas, para cantar,para ver fotos de famlia, de viaxes, de momentos, fotos pasadas cheas de bos recordos ... O importante neste momento é ter paciencia e calma para que esta situación non nos supere. O importante é que, cando saimos desta, non se van acordar de todas as tarefas que fixeron, pero sí de cómo se sentiron. Por eso, querédevos, se cabe, máis ca nunca. MOITA MOITA FORZA!!! Desta salimos!!!!! PRONTO NOS VEMOS!!!! UN BICO FORTE!!!!




#yomequedoencasa

#todovaasalirbien

Saúdos para todxs!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario