Páxina

xoves, 29 de outubro de 2009

OS RETRATOS DO MARCO

Ola amig@s!!!
Temos que contarvos un montón de novas, como por exemplo, que a semana pasada nos chegaron a clase un montón de retratos de xente descoñecida e un pendente.
E aínda que nos puxemos a investigar non atopamos o outro. Pero xa sabemos que pertence a unha chica moi guapa chamada GIOCONDA.
Así que decidimos que nós tamén queríamos os nosos retratos e buscamoa a forma máis fácil de facelo, así que collimos unha cámara e....





E despois de todo isto decidimos que o mellor sería montar unha perrucaría para saír guapos e guapas nos retratos que nos faremos máis adiante, o nome era doado de escoller:

MICIFÚ NO MULTIUSOS

O martes todos @s amig@s de infantil, fumos ao multiusos de Chapela a gozar co conto "Micifú e os seus amigos". Aínda que chegamos ao cole un pouquiño cansos e algúns dos mais pequenos asustámonos un pouco durante o conto, pasámolo moi ben e xa esperamos a seguinte saída.















mércores, 28 de outubro de 2009

OBRAS DE ARTE




OS GUGGENHEIM ESTAMOS A FACER A NOSA PROPIA PINACOTECA, ALGÚNS DIN QUE NON SOMOS NADA ORIXINAIS E QUE COPIAMOS A ARTISTAS DE RENOMBRE, PERO NON É CERTO POIS OS NOSOS MODELOS SON OS MELLORES DO MUNDO.
(as nosas dúas primeiras obras son: Ainhoconda e Os Meniños) (seguiremos a ampliar a pinacoteca en posteriores edicións...)

xoves, 22 de outubro de 2009

A PRIMEIRA SAIDA DO CURSO

(fai clic sobre a imaxe se a queres ver mais grande)
Os guggenheim, os moma e os louvre fixemos a nosa primeira saída, e como non podía ser doutra maneira fomos a Casa das Artes.

Que ganas tiñamos de coñecer de preto a obra de Maruxa!

martes, 20 de outubro de 2009

OS DO PRADO

UNHA MOSTRA DAS NOSAS TAREFAS COTIÁS

domingo, 18 de outubro de 2009

PINTANDO COMA KANDINSKY

ESTOS DÍAS @S AMIG@S MoMA ESTAMOS FACENDO UN PECORRIDO A TRAVÉS DE INTERNET POLO MUSEUM of MODERN ART(MoMA)DE NOVA YORK. NEL DESCUBRIMOS UN PINTOR RUSO CHAMADO KANDINSKY, QUE FOI DOS PRIMEIROS EN XOGAR COAS CORES PARA CREAR ARTE ABSTRACTO

COMPOSICIÓN Nº 714

OS PINTORES E PINTORAS MoMA NOS PUXEMOS A XOGAR TAMEN COAS CORES E O RESULTADO FOI O SEGUINTE


xoves, 15 de outubro de 2009

OS MARCO E O XOGO

Os momentos de xogo son moi importantes para nós, con eles aprendemos moitas cousas, por iso ocupan un lugar especial no noso día a día.



OUTRA DE MARUJA MALLO


Maruja Mallo estase a converter nunha "indispensable" na clase do Louvre.

Mirade como a partires das nosas fotos podemos crear e converternos nesa grande artista.
Como o fixemos??
Pois... coas fotos das nosas caras, fomos creando o fondo, as perspectivas das rochas, as siluetas dos nosos corpos e por fin disfrazámonos coas algas.
Os resultados foron fantásticos !!!!
Non perdades detalle de todo o proceso no seguinte slide.







mércores, 14 de outubro de 2009

EU TAMÉN SON MARUJA MALLO

Achégase o día da nosa visita a Casa das Artes, pero como nos gusta estar ben informados xa sabemos moitas cousas sobre Maruja Mallo.

martes, 6 de outubro de 2009

3 ANOS A








Ola amigos, somos "a clase do Prado". Temos moitas ganas de aprender e divertirnos mentras o facemos.



Todo é novo, pero pouco a pouco imos facéndonos á escola.



Xa celebramos o aniversario de Nicolás e Marcos. Pasámolo moi ben e foron os reis do dia.



O nome da clase é o nome dun museo. Si queredes visitalo con nos podemos consultar a seguinte páxina: http://www.museodelprado.es/
Nico e Marco cumpliron 3 anos

luns, 5 de outubro de 2009

LEONARDO E OS SEUS INVENTOS


LEONARDO DA VINCI ESTASE A CONVERTER NUN DOS NOSOS ARTISTAS PREFERIDOS, A GIOCONDA ENCANTOUNOS PERO OS SEUS INVENTOS AINDA MAIS.



xoves, 1 de outubro de 2009

OS MARCO

Ola amigos e amigas!

Somos a clase do Museo Marco, e todavía somos algo novatos nisto de vir ao cole, pero estamos tan ilusionados que lle poñemos moitas ganas e estamos seguros de que dentro de pouco poderemos facer cousas tan divertidas como @s nos@s amig@s maiores dos outros museos.

De momento deixámosvos unha foto nosa para que nos vaides coñecendo.

Mirade que ben saímos!!!!!!

A Mona Lisa

A clase dos Louvres estivemos imitando a Leonardo da Vinci, cada un de nos pintou a súa Gioconda.
Mirade que ben quedaron os nosos cadros!!