Páxina

luns, 28 de febreiro de 2011

CONTO CON CONTO...CANTACONTOS

Que vos parecería se todas as semanas tiverades a oportunidade de participar nunha sesión de contacontos de primeira categoría???
Pois isto pasa en tódalas aulas de infantil durante a hora de ler todos os xoves.
Quen son @s grandes cuentistas? Pois o fantástico alumnado de 6º de primaria.
Mirade e disfrutade dunha sesión c@s Bell a cargo de Patri e Paula.

domingo, 27 de febreiro de 2011

FORMAS E FORMAS...

@s Edison fixemos unha actividade bastante difícil no encerado dixital, na que tivemos que pensar e pensar un pouco. Nesta actividade había que completar as series coa forma que lle correspondera... Pero saíunos moi ben e gustounos moitoooo.

Mirade como o fixemos...


sábado, 26 de febreiro de 2011

DE OVEIRA A CARABELA

Os Bacon decidimos transformar unha oveira en carabela. Conseguimos os materiais, nos puxemos a traballar e así o fixemos.

sábado, 19 de febreiro de 2011

@S BELL NO ENCERADO DIXITAL

Unha das primeiras actividades que @s Bell fixeron no encerado dixital foi escribir o seu nome. Cun só dedo ían escribindo e a maxia do encerado facía que apareceran os trazos do nome.

Fixérono estupendamente, mirade...



luns, 14 de febreiro de 2011

UNHA VISITA ESPERADA

A semana pasada, @s Bell recibimos unha visita moi especial. Pablo, o irmán de Joel veu coñecernos na compaña da súa mamá. Que contento estaba Joel ó presentarnos ó seu irmán!!! Ademais, Pablo trouxo todos "os seus complementos" que poidemos usar, tocar, cheirar... Estábamos encantad@s!!! e Anxo non perdía detalle de todo o que falabamos, por que será??

domingo, 13 de febreiro de 2011

AS CARABELAS DE COLÓN

OS GUTENBERG CONSTRUÍMOS UNHAS CARABELAS PARA IR O NOVO MUNDO; COMEZA A VIAXE!!!!!

xoves, 3 de febreiro de 2011

MAKING OF DÍA DA PAZ

Ola amigos lectores. Como ben sabedes o 30 DE XANEIRO é o DÍA DA PAZ. Este ano caeu en domingo polo que tivemos que adiantar a súa celebración ao venres 28. ¡¡¡FOI UN DÍA ESPECIAL!!!. Estivemos traballando no cole dos maiores en diferentes obradoiros e ao rematar xuntámonos todos no patio de abaixo para representar a canción: "DON MELITÓN". Pero ollo, seguro que non é a que todos estades a cantar neste intre. Mirade e observade como se fai!!!.