No enlace atoparedes unhas casas, cada unha delas ten unha letra e abaixo hai imaxes para relacionar e colocar cada imaxe na casa correspondente, según a letra pola que comece, non obstante, a idea que vos propopomos é outra.
O que vos propomos, como idea, para que teñades recursos para traballar, non obstante, sen agobios, como xa vos dixemos na entrada anterior é que, a partir da silueta dunha casa (pódena debuxar eles ou vos, ou imprimir se queredes a que vos facilitamos) podades traballar a lectoescritura. Trátase de escoller unha letra que haberá que por no tellado e abaixo, debuxar ou escribir palabras que comecen por esa letra... Buscade pola casa, comentadeo, xogade cos sonidos ... e axudádelles para que eles poidan facelo sós.
Moito ánimo familias!!! Estamos ante unha situación inesperada e non sabemos aínda como van a ir acontecendo as cousas así que, paciencia e pouco a pouco.
Unha aperta grande.
Ningún comentario:
Publicar un comentario