Ola nenxs e familias!!!!
Queremos proporvos unha idea para que recordedes estes días de confinamento na casa tendo un recordo bonito, xa que sabemos que esto ás veces faise longo e pesado, pero a recompensa mecerá a pena e cando volvamos saír, teremos máis ganas, máis enerxía que gastar, máis xente a que saudar e máis bicos para dar.
A verdade é que sería boa idea coller algunha caixa que teñamos pola casa e decorala (pintala, forrala... porlle o noso nome...) e que esa caixa garde todos os tesouros destes días de confinamento Nela podedes gardar fotos que fagades nestes días na vosa casa, debuxos (por exemplo, o debuxo do arco da vella... dende aquí animamos a que non o fixera porque é unha sinal de que #todovaasalirbien, pero podedes gardar todos os debuxos e obras de arte que estades a facer, que seguro non son poucas) e todo o que signifique moito para vos estes días... a camiseta favorita de andar por casa... un xoguete preciado que estades usando moito...
Unha proposta que vos damos, coa que ademais, pasaredes un bo rato en familia é facer masa de sal e estampar a vosa pegada... da man, do pe... incluso a de mamá, papá-... ou alguén da famlia coa que estades a pasar estes días. Unha pegada que quedará ahí, na caixa, gardada para, nun futuro contar e recordar que estes días fomos mais ca héroes, un verdadeiros campións e campionas quedando na casa e coidando de todxs. Estades facendo un gran esforzo e eso tense que recordar nun futuro!!!!!
ANIMÁDEVOS. UNHA APERTA MOI FORTE!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario