venres, 14 de febreiro de 2014
mércores, 12 de febreiro de 2014
OS EUROS PREPARAMOS O DÍA DA PAZ
A semana comezou cun
encargo: tiñamos que facer uns carteis sobre os dereitos dos nenos e das nenas.
Pero coma non sabíamos moi ben que era iso dos dereitos, a profe buscou un
video onde explicabase que hai nenos que non van a escola pois teñen que estar
todo o día a traballar.
Así, comezaron a sair algunhas ideas pero aínda tiñamos que
poñernos de acordo co noso grupo, asique, reunidos na nosa mesa, decidimos cal
íamos poñer no cartel e por quedas fumos escribindo a frase no ordenador.
Despois as imprimimos e puxémonos mans a obra para decoralas.
Aquí tedes unhas fotos para ver todo o proceso:
Tivemos tanto traballo que levounos dous días rematalos!!!
Despois fumos que ir ao cole de primaria para facer un mural que se titulou "sumando mans pola paz", mumca meior dito...
Despois de tanto traballo por fin chegou o día 30, e contentísimos puxemos rumbo á aula de
de música para participar na Festa da Paz, non sen antes posar orgullosos cos nosos colgantes co símbolo universal da paz.
No blog da Caracola Tola podedes ver un vídeo-montaxe con tódolos traballos.
http://caracolatola.blogspot.com.es/
http://caracolatola.blogspot.com.es/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)