Queremos proporvos dende aquí unha receita para facer area cinética na casa coa que ademais de pasar un bo rato en familia, os nenxs poderán xogar e divertirse. A area cinética é unha area especial que proporciona unha sensación agradable pola súa textura. Semella a area mollada e facilita crear formas con gran definición. O mais importante é que non é tóxica e que, ademais, neste caso, podedes probar a facela na casa. Dado que agora mesmo non se pode saír nin a comprar, nin a xogar... EXPERIMENTEMOS NA CASA!!!!
Aínda que o resultado non é o da area comercial, os nenxs pasarán un bo rato experimentando, amasando, desfacendo, facendo moldes... Tamén podedes poñela nunha bandexa e que eles xoguen con bonecos pequenos, coches, animais... creando o seu propio minumundo e pasando un bo rato.
ANIMÁDEVOS!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario