Espero que levedes estes días o mellor que poidades, que faledes moito, que aproveitedes para compartir esos momentos que ás veces a vida, co seu estrés diario, non nos pon tan fácil e que intentedes sen pacientes con toda situación que non é facil para ninguén.
E, aínda que nós seguimos nas casas, sen poder saír, fóra a vida sigue e continúa o seu curso... e hoxe empeza a PRIMAVERA. Aproveitade para falar cos nenxs estes días sobre esta bonita estación, se ven algo distinto pola ventá... e animalos, pronto poderemos saír a disfrutar dela. Moito ánimo para todxs e unha aperta forte.
Aquí vos deixamos algunhas ideas... e sobre todo, debuxar, darlle renda solta a vosa imaxinación, agora que non podemos saír, hai que entrala máis que nunca.
E fixádevos... cales son as letras da PRIMAVERA? Cantas ten? Escribídeas, compoñelas con tapóns, facédeas con palillos... todo é valido para aprender xogando e agora aprendemos xogando na casa.
Moito ánimo!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario