Páxina

martes, 31 de marzo de 2020

XOGO PARA ORDENADOR

Ola familias!!!!

    Espero que estedes levando ben estes días. Sabemos que os días pesan pero non queda outra que adaptarnos a esta circunstancia nova que nos tocou vivir e se é cun sorriso cada mañá moito mellor. Sempre hai que ver o lado positivo das cousas que suceden no mundo... e seguir cara adiante. Xuntos poderemos saír pronto de toda esta situación. Estamos seguras!!

Hoxe queremos deixarvos, por se vos serve de axuda, un xogo para ordenador co que os nenxs, ademais de aprender xogando, traballarán o manexo do rato e do ordenador... e no que atoparán un pouco de todo: xogos para a lectoescritura, lóxicamatemática, música, inglés...  Esperamos que vos sirva para facer estes días de confinamento un pouco máis ameno.

Para acceder a ela só tedes que premer no enlace... 






E premendo neste enlace, accederes a moitos outros xogos



Unha aperta familia e a levalo o mellor que se poida!!!!!! 


Pronto nos vemos. 

MENTE POSITIVA

#todovaasalirbien 

#xuntospodemos

#yomequedoencasa

luns, 30 de marzo de 2020

LINGOKIDS . APP DE INGLÉS para tablet ou móbil

Ola familias!!!!

    Hoxe queremos compartir con vós unha app educativa para traballar inglés que nos deu a coñecer unha mamá, a cal que lle queremos dar as gracias dende aquí. Chámase Lingokids. Tendes que descargala en app store e meter un correo eléctrónico (é de pago, pero estes días non é necesario) así que aproveitade algún ratiño para que os nenxs xoguen e se entreteñan tamén en ingés.

    E si alguén coñece algunha otra app que lle parece interesante e entretida, pode tamén compartila con nós para facela chegar dende aquí a todos. Nestes tempos que vivimos toda axuda é necesaria. Nós, pola nosa parte, seguimos investigando... xa que hai cousas super interesantes por descubrir.

 


Unha aperta para todxs!!!!!! 

domingo, 29 de marzo de 2020

UNHA PEGADA PARA RECORDAR!!


Ola nenxs e familias!!!!

    Queremos proporvos unha idea para que recordedes estes días de confinamento na casa tendo un recordo bonito, xa que sabemos que esto ás veces faise longo e pesado, pero a recompensa mecerá a pena e cando volvamos saír, teremos máis ganas, máis enerxía que gastar, máis xente a que saudar  e máis bicos para dar.

    A verdade é que sería boa idea coller algunha caixa que teñamos pola casa e decorala (pintala, forrala... porlle o noso nome...) e que esa caixa garde todos os tesouros destes días de confinamento Nela podedes gardar fotos que fagades nestes días na vosa casa, debuxos (por exemplo, o debuxo do arco da vella... dende aquí animamos a que non o fixera porque é unha sinal de que #todovaasalirbien, pero podedes gardar todos os debuxos e obras de arte que estades a facer, que seguro non son poucas) e todo o que signifique moito para vos estes días... a camiseta favorita de andar por casa... un xoguete preciado que estades usando moito...



   Unha proposta que vos damos, coa que ademais, pasaredes un bo rato en familia é facer masa de sal e estampar a vosa pegada... da man, do pe... incluso a de mamá, papá-... ou alguén da famlia coa que estades a pasar estes días. Unha pegada que quedará ahí, na caixa, gardada para, nun futuro contar e recordar que estes días fomos mais ca héroes, un verdadeiros campións e campionas quedando na casa e coidando de todxs. Estades facendo un gran esforzo e eso tense que recordar nun futuro!!!!!




   E ademais, sabedes que sería xenial???? Que, cando volvamos ao cole, traiades a vosa caixa cos vosos tesouros e así todos poidamos compartir e mostrar as nosas vivenzas nestes días na casa. 


 ANIMÁDEVOS. UNHA APERTA MOI FORTE!!!!!!! 

EXPERIMENTO DE PRIMAVERA

Ola familias!!!!!

    Aquí vos deixamos outra idea sinxela para facer cos nenxs  e que, ademais, sorprenderáos.

EXPERIMENTO DE PRIMAVERA:

Necesitades:

- Folios, (pode ser calquera papel que teñades pola casa)  cores e tesoiras.
- 1 bandexa cun pouco de auga. 

INSTRUCIÓNS:

O primeiro é debuxar as flores (poñamos por exemplo, 3 flores). Tende en conta que deben coller na bandexa. As flores podedes debuxarllas ou ben que as debuxen eles, pero teñen que ter pétalos para despois dobralos. 

Unha vez debuxadas as flores, hai que colorealas e despois recortalas. Cando as teñamos recortadas, dobramos os seus pétalos e poñémolas con suavidade na bandexa con auga... OBSERVAMOS.. ¿QUE ACONTECE??

Os pétalos irán abríndose por arte de maixa... ou quizais porque saben que chegou a primavera ahí fóra.

ANIMÁDEVOS E PROBÁDEO. 

Un saudiño.


xoves, 26 de marzo de 2020

IDEAS GRAFO


Boas familias!!!!! 

    Un día máis, aquí estamos, propoñendovos novas propostas... recordade que é para teñades diferentes posibilidades, pois somos conscientes de que todo isto non é fácil. Non obstante queremos deixarvos ideas para que poidades xogar... experimentar... e sobre todo, levar o mellor posible este tempo de confinamento. 
   O mais importante non son as tareas senón facer que os nenxs se sintan o mellor posible este días. 

         Moito ánimo que pronto sairemos desta!!!!!! 


https://drive.google.com/file/d/1ek6TURNKx_JqYlT-GnAPVmEsns2ybYId/view?usp=sharing






#todovaasalirbien

#yomequedoencasa


Apertas fortes do equipo de Educación Infantil. 

Clara, Cris e María.

Pronto volveremos a vernos. 



ENGLISH STORIES AND SONGS





STORIES:

GOLDILOCKS AND THE THREE BEARS:

1. Ver o conto de Goldilocks

https://www.youtube.com/watch?v=Oaw-d3r_gIc


EASTER STORIES:

1.Ver o conto de Easter story for children



2.Ver o video Easter bunny de Peppa Pig



CANCIÓNS:

Podedes cantar en bailar coas seguintes cancións:


The Way The Bunny Hops  


Ten Bunnies Counting Song 1-10


Easter Basket Song


Easter Egg Hunt


-Máis cancións sobre Easter: 
Kids Easter Songs | 27 mins Easter Song and Bunny Song Collection and More


-Como sei que vos gusta moito aquí tedes dous enlaces de Steve and Maggie:


Flowers for Kids: Picture from Steve and Maggie for Children



Moitos biquiños para tod@s! :)
Teacher Olga

mércores, 25 de marzo de 2020

APLICACIÓNS GRATUTITAS EDELVIVES PARA TABLET OU MÓBIL

Ola familias!!!! 

   Dende a editorial Edelvives fannos chegar una información interesante para estos días de confinamento. Poñen a vosa disposición e, de maneira gratuita, todas as súas Apps educativas ATA O 30 DE XUÑO. 
   
PARA DESCARGAR: 

   Para descargar as aplicacións a través da tablet ou do móvil, terás que acceder a Google Play de Android ou a App Store de IOS e unha vez localizadas as aplicacións introducir o código: edelvives.

As apps que están a vosa disposición para tablet e android son as que vedes a continuación: 


¿CÓMO DESCARGARLAS?
Tanto vosotros como las familias podréis acceder a ellas de dos maneras:
Para descargar las aplicaciones a través de la tablet o el móvil, tendrás que acceder a Google Play de Android o a App Store de IOS, y una vez localizadas las aplicaciones introduce
CÓDIGO DE ACCESO: edelvives 
Aplicaciones en Google Play de Android
Aplicaciones en App Store de IOS

Espero que esta información sexa de utilidade para todxs!!!!!
Moito ánimo!!!!!!
Vémonos pronto!!!!! 

martes, 24 de marzo de 2020

A CASA DAS LETRAS - LECTOESCRITURA

Ola a todxs!!!

No enlace atoparedes unhas casas, cada unha delas ten unha letra e abaixo hai imaxes para relacionar e colocar cada imaxe na casa correspondente, según a letra pola que comece, non obstante, a idea que vos propopomos é outra.



O que vos propomos, como idea, para que teñades recursos para traballar, non obstante, sen agobios, como xa vos dixemos na entrada anterior é que, a partir da silueta dunha casa (pódena debuxar eles ou vos, ou imprimir se queredes a que vos facilitamos) podades traballar a lectoescritura. Trátase de escoller unha letra que haberá que por no tellado e abaixo, debuxar ou escribir palabras que comecen por esa letra... Buscade pola casa, comentadeo, xogade cos sonidos ... e axudádelles para que eles poidan facelo sós.

Moito ánimo familias!!! Estamos ante unha situación inesperada e non sabemos aínda como van a ir acontecendo as cousas así que, paciencia e pouco a pouco. 

Unha aperta grande. 


MOITO ÁNIMO!!!!


Ola familias!!!!

   Por aquí seguimos, propoñendo ideas para estes días, que parece que se alongan un pouco máis do esperado. Dende aquí queriamos aproveitar a ocasión para decirvos que o mais importante é que non decaia o ánimo. Os recursos que vamos colgando é para que vos teñades ideas de cousas para facer cos nenxs, pero sin agobios. Entendemos que, a medida que pasan os días, vaise facendo todo mais complicado... Esta situación non é facil para ninguén, nin adultos nin pequenos, así que a primeira regla é: tranquilidade. Haberá días que non queiran facer nada, que se amosen aburridxs... ou que incluso vos os atopedes saturados, agobiados pola situación. É normal. Non pasa nada. Aproveitade para estar en familia, para xogar, para cociñar, para inventar, para ver películas, para cantar,para ver fotos de famlia, de viaxes, de momentos, fotos pasadas cheas de bos recordos ... O importante neste momento é ter paciencia e calma para que esta situación non nos supere. O importante é que, cando saimos desta, non se van acordar de todas as tarefas que fixeron, pero sí de cómo se sentiron. Por eso, querédevos, se cabe, máis ca nunca. MOITA MOITA FORZA!!! Desta salimos!!!!! PRONTO NOS VEMOS!!!! UN BICO FORTE!!!!




#yomequedoencasa

#todovaasalirbien

Saúdos para todxs!!! 
Ola familias!!!

No blogue da profe Ángela poderedes atopar recursos e actividades para facer estes días. 

Moito ánimo a todxs!!!!!! 



PREMEDE NO ENLACE PARA ACCEDER O BLOGUE:


luns, 23 de marzo de 2020

Mais ideas lóxica matemática con depresores ou palillos.


Ola famlias: 

Como vedes, todo o material que teñades pola casa é valido para traballar, así que, dende aquí, pedímosvos moita forza e ánimo!!!! Pronto volveremos a xuntarnos!!!! 




Aquí atoparedes plantillas con figuras e formas que eles poden constuir: 

https://drive.google.com/file/d/1dIsW1wixcfYVXqQeeGt2LWO8IU_NkRu7/view?usp=sharing

IDEAS PARA TRABALLAR A LÓXICA MATEMÁTICA NA CASA

Ola familias!!!

  Pois aquí seguimos e parece que isto vai para longo... O importante é non perder o ánimo e seguir adiante con forza!!!! Xuntos podemos!!!!! Pronto volveremos a vernos!!!! Moita forza!!!!! 

   Aquí vos deixamos unhas ideas para traballar a lóxica matemática dende a casa. Calquera cousa, calquera idea é válida... dende contar os iogures que temos no frigorífico ata os escalóns da casa... ordenar tazas ou vasos por tamaños... MOITO ÁNIMO!!!!!!!!!!!! 


Para esta idea, basta con papeliños con números, que incluso poden escribir eles e usar, macarróns, por exemplo. 

MAIS IDEAS AQUÍ: 


https://drive.google.com/file/d/1LYbVshfaUKoebhIHm3zUhjwdMVWO_ewH/view?usp=sharing

venres, 20 de marzo de 2020

E CHEGOU A PRIMAVERA!!!

Ola familias e nenxs!!!! 

     Espero que levedes estes días o mellor que poidades, que faledes moito, que aproveitedes para compartir esos momentos que ás veces a vida, co seu estrés diario, non nos pon tan fácil e que intentedes sen pacientes con toda situación que non é facil para ninguén. 

     E, aínda que nós seguimos nas casas, sen poder saír, fóra a vida sigue e continúa o seu curso... e hoxe empeza a PRIMAVERA. Aproveitade para falar cos nenxs estes días sobre esta bonita estación, se ven algo distinto pola ventá... e animalos, pronto poderemos saír a disfrutar dela. Moito ánimo para todxs e unha aperta forte. 

    Aquí vos deixamos algunhas ideas... e sobre todo, debuxar, darlle renda solta a vosa imaxinación, agora que non podemos saír, hai que entrala máis que nunca.
    E fixádevos... cales son as letras da PRIMAVERA? Cantas ten? Escribídeas, compoñelas con tapóns, facédeas con palillos... todo é valido para aprender xogando e agora aprendemos xogando na casa. 

                                                                        Moito ánimo!!!! 







mércores, 18 de marzo de 2020

U N POUCO DE ARTE E A CREAR!

Ola familias e nenxs!!!!!

   Espero que vaiades adaptándovos pouco a pouco a esta situación tan excepcional. Botamos moito de menos as vosas risas, as aulas cheas, as sonrisas pola mañá... pero xuntos podemos facer que esto acabe o antes posible para poder volver a vernos. Mentras tanto, aquí vos deixamos algunhas ideas para crear. Cun pouco de arte todo se leva mellor.



https://drive.google.com/file/d/1_NX2PZuN4OYAUI3SONxGJJegb5HZHXkA/view?usp=sharing


Unha aperta enorme das vosas profes
 Clara, Cris e María. 
Desexando volver a vervos. 



E aquí vos deixamos recursos para practicar inglés da man da profe Olga.   




https://drive.google.com/file/d/1fSOD3BDmX0SVLPUNb0N_MabIWrcqlycO/view?usp=sharing


martes, 17 de marzo de 2020

PLASTILINA CASERA. A DIVERTIRSE!!!!

E por que non aproveitar estes días para expermentar??? Propoñémosvos que fagades cos nenxs PLASTILINA CASERA. É moi fácil e eles vanno a pasar pipa seguro!!! Despois podedes xogar a facer cousas con ela e sobre todo, estades a compartir un tempo marabilloso en familia

                                                                      Moito ánimo
                                                   
                                                         #undiamenos #xuntospodemos



Biquiños de todo o equipo para eses nenxs que tan ben o estan a facer e tanto nos están a desmostrar. 

PROPOSTAS DE LECTOESCRITURA

Ola familias!!!

Espero que levedes este tempo de encerro o mellor que poidades. Moito ánimo. Esta situación está sendo rara pero non olvidedes que #xuntospodemos.

Dende o Equipo de Educación Infantil queremos deixarvos algúns exemplos de cousas que podedes facer na casa para traballar cos peques a lectoescritura. Recordade que o mellor sempre é aprender xogando. E como sempre hai que sacarlle a parte positiva a todo na vida, disfrutade do tempo en familia e arriba!!!!! Xa sabedes que #todovaasalirbien

                                                             

https://drive.google.com/file/d/1AjdauOo6EVH3VJVOx2gAUKg_KIBrnieu/view?usp=sharing


                                                             Unha aperta moi grande.

#EUQUEDONACASA - CALENDARIO MARZO COVID- 19


Pronto saíremos desta, estádelo a facer xenial, ide marcando cunha casa os días que temos que estar vivindo esta situación porque cando saiamos, vamos a celebralo por todo o alto. PROMETIDO!!! Podedes facelo neste modelo ou nalgún outro calendario que teñades pola casa. Son días raros, pero #xuntospodemos.

https://drive.google.com/file/d/1SiRi-5wKaUHWO5GFhb9Xy4I0JkqWQx9L/view?usp=sharing

                                                               Ánimo familias.

                                                            #yomequedoencasa

                                                             Unha aperta grande.

luns, 16 de marzo de 2020

DIARIO DA CORENTENA - COVID_19

E aquí vos deixamos unha tarefa sencilla, que pode ser a nosa tarefa diaria que nestes días vai substituir dalgún modo as nosas asambleas. Podedes imprimila ou simplemente ir facéndoa nunha libreta que teñades por casa, nuns folios, que tamén poden ser reciclados... Pedide axuda a un maior co que estedes na casa e falade, falade moito e compartide estos momentos.
A proposta é facer un diario, así, acabados estes días, teremos algo para gardar e recordar toda esta historia e tempo de encerro. Nel podedes añadir todo o que queirades. Ánimo que pouco a pouco vai quedando menos!!!! #euquedonacasa #yomequedoencasa #todovaasalirbien


https://drive.google.com/file/d/1ddqTvz16xAQBOr-IojUfVUvLHiELK-Oc/view?usp=sharing


OLA A TODOS E TODAS. FAMILIAS E NENXS!!!

Ola familias! Ola nenos e nenas!!

Que tal van eses cangrexos, esas estrelas de mar e eses pez arcoiris??? Espero que levedes todo isto da mellor maneira posible. Dende aquí mandarvos un bico enorme e dicirvos que vos botamos moito de menos!!! Pero pronto encheremos as aulas de ruido e alegría.

Debido a esta situación especial por motivo do COVID-19 decidimos recuperar de novo este blogue para poder estar en contacto e que teñades mais accesible todo o que abrangue a etapa de Educación Infantil. Recordade que non se trata de facer todo nun día, senón procurar seguir mantendo unhas rutinas diarias, un horario axeitado e unhas tarefas con todo aquelo que teñamos pola casa. Dende aquí subiremos ideas, enlaces, actividades... para facilitarvos un pouco a tarefa que sabemos que ás veces, non resulta doada, igual que non o é esta situación extraordinaria, pero recordade que xuntxs podemos superala.

Por se vos serve de axuda, aquí vos deixamos un exemplo de horario para estes días, serán complicados pero o importante é que estamos facendo o correcto. Cun graiño de area, paciencia e un pouco de esforzo de cada un podemos conseguilo.



                                                                        #euquedonacasa
                                                                        #todovaasalirbien


Estas son as actividades que vos propuxemos o venres, cada día xogade un pouquiño, contade contos, contade historias, contade mazás, laranxas ou rolos de papel hixiénico, que nestes días parece que abundan ... facede debuxos... e dádalle renda solta a vosa imaxinación.


                                                           
                                         Moito ánimo para estes días e estamos en contacto.


                                                    Un saúdo de todo o Equipo de Ed. Infantil.
                                                                  Ceip p. Alexandre Bóveda


mércores, 4 de marzo de 2020

APPS PARA TABLET OU MÓBIL

Ola familias!!!!

   Estes días toca explorar oor aquí e acolá para poder entreter os nosos pequenxs da mellor maneira posible e, buscando e fedellando, atopamos outra app que pode resultar interesante para traballar un ratiño nestes días e coa que ademais, seguiremos aprendendo e adquirindo conceptos básicos, lectoescritura, lóxicamatemática... e que ademais é gratuita e poder realizar autónomamente. Por se non a coñecedes, aquí vola deixamos. Chámase GAMEKIDS 3. Tendes que descargala na app store... e a xogar!!!! Esperamos que, entre unhas cousas e outras, os nenxs poidan pasar estes días da menor maneira posible.

    Unha aperta forte para todxs! 


GAMEKIDS 3