Páxina

domingo, 29 de abril de 2018

Aniversarios mes de abril!

Ola de novo familias!

Neste mes de abril celebraron o seu aniversario Xoel, da clase de 3 anos, Antón e David, da clase de 4 anos e Sara e Martina, da clase de 5 anos.

Nesta ocasión, decidimos preparar unhas refrescantes brochetas de froitas. Coma sempre, preparamos un obradoiro na que as tres clases van traballando xuntas. Tiñan que cortar a froita e, rotando, pinchar cada unha das porcións. Tiñamos plátanos, amorodos, uvas, piña e mazás. Ao rematar a brocheta, engadíanlle sirope de chocolate. Ademais, as nenas e os nenos que querían podían prepararse un delicioso zume de mazá (mazás que nos regalaron as familias que prepararon a actividade "Mañá sobre rodas").
























Felicidades!!

Apertas




Visita!!

Ola familias, 

Esta semana volvéronnos a visitar o alumnado do ciclo do IES e, esta vez, cargadiños de actividades!
A finalidade destas xornadas de convivencia é que tanto o alumnado de infantil coma o do ciclo se coñezan cara o día do maratón posto que o alumnado do ciclo será o encargado de preparar os xogos que terán lugar ese día no IES. 

Mirade que murais, actividades, xogos,... fixemos grazas a elas/el:
























Grazas compañeiras/compañeiro do ciclo. Vémonos no maratón!

Saúdos!


Día do Libro

Queridas familias,

O luns desta semana celebramos o Día do Libro dun xeito diferente! Aproveitando que este ano adquirimos varias tablets, os/as mestres do equipo Tics do cole propuxeron celebrar este día a través da realidade aumentada (RA). Para esta actividade necesitabamos libros "especiais" (dos planetas, dinosaurios, ...). Cunha app, ao enfocar as tablets cara os libros, as personaxes dos mesmos adquirían volumen, engadían sons, movementos,... incluso podiamos guiar as personaxes pola clase!

Mirade mirade:














E isto só é o inicio coa RA...

Saúdos!

sábado, 21 de abril de 2018

Contacontos familias MUTANTES!

Boas familias!

Os contacontos das familias chegaron ao seu fin na clase dos Mutantes (ooohhh...).
Neste mes de abril tivemos a sorte de ter connosco a familia de Ainoa, con teatro e todo!, a familia de Darío, coa que aprendemos moitísimas cousas sobre os dentes, como coidalos, lavalos,... e a familia de Ainara con información sobre o Sistema Solar (incluso... con planetas comestibles!!). Grazas Laura, Ángela e Silvia!







             


Agora que a ronda de contacontos rematou, animádevos a propor outras actividades para pasar tempo connosco!
Unha aperta