Páxina

domingo, 12 de decembro de 2010

OUTROS USOS DA COVA PREHISTÓRICA

@s Bell sempre estamos dispost@s a novas experiencias...

Sabedes que a gustiño se le e se xoga na nosa cova??

Mirade e disfrutade!!!

sábado, 11 de decembro de 2010

CREANDO ARTE COAS NOSAS MANS

Os Bacon, ao mesmo tempo que iamos aprendendo todo iso de saber estar e facer na clase, comezamos a realizar pequenos traballo con diferentes materiais. As temáticas son diversas, pero así saimos todos nas fotos.

xoves, 9 de decembro de 2010

QUEN DIXO MEDO?

Estes días @s Edison estivemos vendo varios animais relacionados co mundo dos cromañóns e cromañonas. Coñecemos os utensilios e as técnicas que empregaban os cromañóns para cazalos, para que se empregaba a súa pel, os seus ósos e a súa carne. Sabemos tamén que os mamuts eran moi grandes e moi difíciles de cazar. Pero había un animal ,DENTE DE SABLE, ao que lle tiñan moito medo xa que era moi fero e como o seu nome di, tiña uns dentes moi longos e afiados. A verdade e que @s Edison non lle temos nadiña de medo, ademais nós sabemos ruxir máis forte e mellor.

martes, 7 de decembro de 2010

@S EDISON ACENDEN BOMBILLAS

Como non podía ser doutra maneira, @s Edison estivemos xogando con bombillas na pizarra dixital. Tiñamos que acender tantas bombillas como nos dixera o noso querido amigo Bombillo, que ía dicindo un número de cada vez e foi o gran axudante nesta tarefa.

Bombillo quedou moi contento porque o fixemos moi ben!!!!


xoves, 2 de decembro de 2010

@S BELL DE CAZA!!!

Canto cazaban @s noso@s amig@s Cromañón e Cromañona!!! Pois nos non íamos ser menos e eiquí estamos construíndo as nosas lanzas para a gran festa prehistórica que imos celebrar como remate do proxecto deste trimestre.
Foi todo un proceso. Primeiro construimos os mangos enrolando papel sobre un rotulador, logo pintámolos imitando a madeira. Para facer as puntas das lanzas, empregamos cartón con ceras brandas e corda para enganchalas.

Mirade e disfrutade!!!

domingo, 28 de novembro de 2010

DE PROFESIÓN: ARQUEOLOG@

No cole descubriuse na pasada semana un depósito arqueolóxico, cando tivemos os coñecementos precisos conseguimos o noso carne de arqueólogo/ga e así puidemos ir a facer a nosa investigación;
Atopamos moitos restos ( arco, frechas, cerámica, roupas....) que despois enviamos o museo para que todo o mundo poda gozar deles, non sin antes fotografalos para que vós os poidades ver:

xoves, 25 de novembro de 2010

@S GUTENBERG CUMPRIMOS A NOSA MISIÓN

@s Gutenberg tiveron unha misión moi importante!!! Non podían permitir que as pedras que ían caendo destruísen os monumentos prehistóricos. Para logralo, usaron algunhas das letras do teclado...

E misión conseguida!!!!!

mércores, 24 de novembro de 2010

@S BACON MOVEN O RATO

@s Bacon queremos saber como funciona unha computadora… Pero primeiro temos que aprender a usar o rato. Para iso empregamos un xogo moi divertido no que temos que mover o rato en varias direccións para seguir un camiño, estoupar globos…; facer click para pintar, completar unha paisaxe…; ou arrastrar pezas para facer un crebacabezas, crear unha cara graciosa…

E sabedes??? Xa o facemos moi ben!!!!! Mirade, mirade…

domingo, 21 de novembro de 2010

OS BACON XA ESTAMOS NO COLE !!! (2ª PARTE)

O mesmo tempo que aprendiamos a xogar por recantos, coa axuda de Lupito, a profe Bea foinos ensinando a realizar as actividades cotidiás da escola. Non é que fora moi difícil pero todo ten a súa complicación pero mirade como xa o temos dominado.

sábado, 20 de novembro de 2010

EXPERIMENTANDO COA ELECTRICIDADE

Ola familias. ¡¡¡Non, non vos asustedes!!!
Non metemos os dedos no enchufe nin nada parecido. Soamente empregamos unha pequena bombilla, un pila e un pouco de cable. Así puidemos comprobar como se acende unha bombilla. Tamén utilizamos diferentes obxectos da nosa aula para poñer no medio do circuíto eléctrico e ver o que acontecía, ¿acenderase ou non?. Agora xa sabemos cales conducen a electricidade e cales non.


luns, 15 de novembro de 2010

A PREHISTORIA

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA:
FOI GUARIDA , FOI FOGAR
FOI A PRIMEIRA CASA QUE O HOME PUIDO ATOPAR.

sábado, 13 de novembro de 2010

¡A CASTAÑA MÁIS GRANDE DO MUNDO!

Agardando a que chegara o día do magosto decidimos facerlle unha homenaxe a súa actriz principal: A CASTAÑA. A verdade é que nos quedou moi ben.
Mágoa que aínda non puideramos saborear tan delicioso manxar por culpa do tempo. Soamente podemos dicir ¡¡¡QUE CHEGUE O MAGOSTO XA!!!

O MAGOSTO

UN ANO MAIS A CHOIVA FIXO IMPOSIBLE A SAÍDA O MONTE PARA FESTEXAR O MAGOSTO, PERO NOS XA ESTAMOS PREPARADOS PARA FACELO NO COLE...

xoves, 11 de novembro de 2010

RING, RING!!! @S BELL CHAMANDO A MARÍA

Hai xa algúns días, recibimos unha visita moi, moi especial... María, a nosa profe de tres anos, estivo con nos. Esperamos a súa visita con moita impaciencia pois tiñamos moitas ganas de volvela ver. Preparamoslle un agasallo moi divertido onde cada un de nos debuxou como a lembraba... Non nos esquecimos dos seus rizos e do seu sorriso!!! Cando chegou contámoslle moitas cousas: o nome da nosa clase, as cousas que estabamos a investigar, a nosa árbore d@s amig@s, o noso antifaz d@s encargad@s e tamen as "novas da nosa vida".
Foi un momento entrañable no que tod@s disfrutamos moitísimo con piruleta incluida.
María, grazas por todo!!!!

sábado, 6 de novembro de 2010

OS BACON XA ESTAMOS NO COLE. 1ª PARTE

Inda que nos costou incorporarnos ao centro, xa que somos uns cuantos e imos moi de vagar, os Bacon xa estamos totalmente integrados no cole. Nestes primeiros días aprendimos o funcionamento das actividades por Recantos, que inda que parece doado non o é, xa que tivemos que aprender e cumprir unhas cantas regriñas : non cambiar o recanto ( no lo asignaba o " axudante Lupito, coas nubes de cor coas que nos agasallaba ), cuidar e recoller os materiais e respetar ao amig@ que traballa ao noso lado e ... Mirade, mirade !!!!! que ben nos vai.

luns, 1 de novembro de 2010

A FESTA DE HALLOWEEN

Estes días estivemos preparando unha festa para a ENGLISH CLASS, para elo fixemos farois, grilandas e cabazas con caras que facían tremer.
A festa foi todo un éxito, xogamos a milleiros de cousas e pasámolo de meeeeeedo.
Feliz halloween!!!!!

xoves, 28 de outubro de 2010

@S BELL INVENTANDO O TELÉFONO

Xa somos grandes inventor@s!!!
Seguindo os pasos de Bell conseguimos crear un teléfono a partires de dous botes de yogur e un fio. O primeiro que fixemos foi decorar os botes, despois enganchámolos co fio.Fixemos moitas probas: con pouco fio, co fio tensado... e ó final conquerímolo.
Bo traballo!!!

luns, 4 de outubro de 2010

@S GUTENBERG


MERGULLADOS NO MUNDO DAS LETRAS COMO ANDAMOS O NOSO CENTRO DE INVESTIGACIÓN NON PODIA CHAMARSE DE OUTRA MANEIRA: OS/AS GUTENBERG

(PARA SABER MÁIS PREME NA FOTO)

@S BELL


RING! RING! O CENTRO DE INVESTIGACIÓN DE CATRO ANOS B SON OS/AS BELL, PARA COÑECER O SEU INVENTO PREME NO AUTOR :