Páxina

martes, 27 de marzo de 2018

Na búsqueda da canción protesta


O venres 23 de marzo demos por rematado o 2º trimestre, e a modo de despedida, no colexio organizamos unha actividade que levaba por título “NA BÚSQUEDA DA CANCIÓN PROTESTA”. Dita actividade consistía en superar un conxunto de xogos cooperativos, concretamente 5, polos que irían rotando os diferentes grupos para acadar as 5 partes dun crebacabezas no que, ao xuntalo, se desvelaba a imaxe dalgunha canción protesta.
Para levar a cabo esta proba organizámonos en 5 grupos, e a cada grupo foille asignada unha canción diferente:
1º grupo: 4º de infantil con 6ºB. Nome da canción: “No nos moverán” (Joan Baez)
2º grupo: 5º de infantil con 5º. Nome da canción: “Fuxan os ventos” (Fuxan os ventos)
3º grupo: 6º de infantil con 3º. Nome da canción: “Alfonsina y el mar” (Mercedes Sosa)
4º grupo: 1º con 4º. Nome da canción: “Al alba” (Luis Eduardo Aute)
5º grupo: 2º con 6º A. Nome da canción: “Maters of war” (Bob Dylan)
Ao finalizar cada xogo, o grupo recibía unha peza do crebacabezas.
Os cinco xogos levados a cabo en diferentes instancias do centro foron os seguintes:
1.    Ximnasio: “Encestar as pelotas”: todos de pé ao redor do paracaídas suxeitándoo polas asas intentabamos encestar as pelotas que se colocaban enriba, axitando a tela para que se movera e as pelotas entrasen polo buraco do medio.






2.    Aula Depoemprende: “Pasar polo aro”: todos/as formamos un gran círculo agarrándonos das mans e intentando que un ou varios aros pasasen dun extremo ao outro do círculo. Para iso, tiñámonos que mover de xeito que os aros pasasen polos nosos corpos e avanzasen ata o compañeiro/a que tiñamos ao lado sen soltarnos das mans entre nós.



3.    Aula de música: “Sillas musicais cooperativas”: formamos dúas rodas con sillas (unha por neno/a), e mentres que escoitabámos a música moviámonos ao redor das sillas. Unha vez que a música deixaba de soar, tiñámonos que sentar nas sillas, ou no colo dos compañeiros/as pois a medida que se ían quitando sillas ninguén quedaba eliminado/a.






4.    Corredor do 1º andar de primaria: “Orde de altura”: o xogo consistía en colocarse por orde de altura, dende o/a máis baixo/a ata o/a máis alto/a.




5.    Aula de A.L: “Labirinto de cordas”: neste xogo tiñamos que pasar por encima  dun labirinto de cordas que había no chan collidos das mans e pisando só nas cordas, mantendo o equilibrio.



Unha vez que cada equipo conseguiu as pezas do seu crebacabezas e o montou, reunímonos na aula de música para poñelos en común e escoitar un pequeno fragmento das cancións protesta.




Foi unha actividade na que o pasamos moi ben, e o máis importante, na que demostramos sen dúbida algunha que sabemos cooperar uns/unhas cos outros/outras para chegar ao noso obxectivo final!



Aniversarios no mes de marzo


Ola de novo familias!
Esta entrada vai dedicada aos nenos/as que estiveron de aniversario no mes de marzo: Desirée e Eric, da clase de 3 anos; e Marc da clase de 5 anos.


Como de costume, para esta ocasión levamos a cabo un obradoiro de cociña no que elaboramos uns sándwichs de nocilla que posteriormente decoramos con diversos ingredientes escollidos polos nenos/as.
A receita fómola elaborando paso a paso, polo que empezamos untando a nocilla nas rebandas de pan. Deseguido cortamos ditas rebandas e por último decorámolas con fideos de chocolate, e estreliñas de cores.





Á hora da merenda reunímonos todos/as na aula de 5 anos para cantarlles o “Cumpleaños Feliz” e para comezar a degustar os nosos sándwichs, que nos quedaron boísimos!!







2º TRIMESTRE



OLA FAMILIAS:

AHÍ TEDES UNHA PEQUENA MOSTRA DOS CONTIDOS QUE ESTIVEMOS A TRABALLAR DESTE TRIMESTRE.
GRACIAS E  A DISFRUTAR DAS VACACIÓNS.

luns, 26 de marzo de 2018

CONTACONTOS FAMILIAS (4º EI)


Ola de novo a todos e a todas,

Aquí estamos outra vez para compartir convosco o último día de CONTACONTOS do segundo trimestre na aula de 3 anos. Nesta ocasión tivemos unha visita dobre, a de Patricia (mamá de Borja) e Lorena (mamá de Desirée).



Patricia, Lorena, Borja e Desirée quixeron compartir connosco unha historia moi especial titulada Quérote (case sempre). A quen non lle ocorreu que, en ocasións, unha mesma característica dunha persoa ás veces gústanos e outras, pola contra, moléstanos? Moi atentos dispuxémonos a escoitar a historia, con gran curiosidade por ver como os seus protagonistas, Lolo e Rita, lograban chegar a un consenso ante as súas diferenzas.

Pero imaxinarvos a nosa sorpresa cando, ao pronunciar o nome de Lolo, este pequeno e misterioso bicho bóla apareceu na nosa clase.






Pero pensades que Lolo viña só? Diso nada, acompañábao a súa inseparable amiga Rita, un inquieto e brillante lucecú.



Agora que xa estabamos todos, que comece a función!

A pesar de que ao longo da historia Lolo e Rita danse conta de que entre eles existen numerosas diferenzas e mesmo chegan a enfadarse por iso, ambos deciden que estas non van ser un motivo para separarse e buscan, en todo momento, a maneira de entenderse e respectarse xa que...


...a pesar de ser tan diferentes... QUÉRENSE MOITO!

Antes de marcharse, Patricia e Lorena, xunto cos protagonistas da historia, Lolo (Borja) e Rita ( Desirée), quixeron darnos outra sorpresa e regalarnos un pequeno e misterioso bicho bóla e un divertido e brillante lucecú, para que non nos esquezamos e sempre teñamos presente a súa importante mensaxe.


Moitas grazas Patricia e Lorena polo voso tempo e colaboración,
e por mostrarnos o máxico efecto dos polos opostos.

Esperamos que gozásedes tanto da visita como nós.

xoves, 22 de marzo de 2018

VALORES

OLA FAMILIAS

ADICAMOS ESTA ENTRADA AS ACTIVIDADES FEITAS NA CLASE DE VALORES.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN.




luns, 19 de marzo de 2018

CONTACONTOS FAMILIAS MUTANTES

Boas familias!
Coma este mes xa non hai máis contacontos, aquí vos deixamos as fotos das familias que nos visitaron en marzo.

Estivo Rosi, nai de David, que nos contou dous libros: "Matías y las maravillas", acompañado dun mapamundi que nos permitiu localizar as fermosísimas marabillas do mundo, e "Tangram Gato". Ademais, regalounos un caixa cun tangram para a clase xunto con moitísimas imaxes para facer. Grazas Rosi!



Tamén veu Maica, nai de Nico, que nos fixo un libro sobre os incendios dos bosques, regalounos unhas semillas que plantamos coa súa axuda e puxo a erupcionar un volcán!!!!!!!! Que medo!
Grazas Maica!





     

E, por último, Miguel! outro papá que se animou! Xunto con Bruno, léronnos un libro sobre os océanos, pero non se trataba de calquera libro, para ver os seus debuxos, necesitabamos introducir algo nel... pero iso o deixamos para nós...jojo
Grazas Miguel!


Apertas

sábado, 17 de marzo de 2018

Conmemoración do Día Internacional da Muller


Ola familias!

O pasado 8 de marzo conmemorouse o Día Internacional da Muller, e dende o colexio non quixemos deixar pasar esta ocasión para renderlle homenaxe a algunhas das mulleres que destacaron pola súa relevancia na sociedade ao longo de todos os tempos.

Para iso, cada curso levou a cabo un traballo de indagación acerca de diferentes mulleres que ao longo da historia lograron ser o que querían ser grazas ao seu empeño, o seu esforzo e as súas ganas, converténdose así en modelos a imitar. Posteriormente, en cada aula levouse a cabo a selección de catro mulleres pertencentes a un dos seguintes ámbitos: política, cultura, deporte e ciencia e realizouse un póster nos que se reflectiron ditas personalidades así como a súa contribución á sociedade.  




No caso de infantil, cada aula centrouse en seguir afondando máis acerca das mulleres que traballamos con motivo do Día Escolar da non Violencia e da Paz  (Wangari Maatthai, Jane Goodall, e Berta Cáceres), todas elas un símbolo e exemplo de Revolución Pacífica a favor da defensa do medio ambiente así como dos dereitos humanos.


Dende aquí invitámosvos a que vos pasedes polo edificio de primaria, onde se atopan colocados todos os pósters, para poder ollar e gozar do resultado de tanto traballo.

Un saúdo.

xoves, 15 de marzo de 2018

CONTACONTOS FAMILIAS (4º EI)


Ola de novo familias,


Nesta entrada queremos compartir convosco o terceiro día de CONTACONTOS na aula de 3 anos. Nesta ocasión visitounos Vanessa, a mamá do noso compañeiro Mateo.





Vanessa e Mateo viñan decididos a compartir connosco unha historia sorprendente que comezaba cunha gran pregunta:

A que sabe a lúa?


Sen dúbida, era unha cuestión complicada e a verdade é que nós non o tiñamos moi claro así que, moi expectantes e intrigados, dispuxémonos a escoitar a historia que Vanessa e Mateo tiñan preparada. Unha vez repartidos todos os personaxes, xa estabamos preparados para comezar, aínda que chegar á lúa non ía ser unha tarefa fácil nin moito menos, e máis cando, a pesar de todos os nosos esforzos, ela afastábase cada vez, un chisquiño máis.


Precisamos de moito traballo en equipo e da colaboración de oito animaliños curiosos: a tartaruga, o elefante, a xirafa, o león, o raposo e o mono, que fixeron de escaleira para que, finalmente, o pequeno ratiño puidese chegar á lúa e... dunha dentada, arrarcar un anaquiño.
Queredes saber a que sabía finalmente a lúa? Pois a verdade é que non chegaron a un consenso, a cada un sóubolles a aquilo que máis lles gustaba.

Vaia sorte!

Pero iso non é todo, xa que Vanessa e Mateo tiñan preparada unha gran sorpresa para nós: trouxeran con eles unha lúa igualiña á do conto, branca, relucente e rodeada de estrelas.  Agora poderiamos comprobar, nós mesmos, o misterioso sabor a lúa.


Cada un de nós agarramos con forza unha estrela e... preparados, listos...SORPRESA!


Para nós a lúa ten un sabor moi pero que moi doce.


Moitas grazas Vanessa pola túa colaboración e o teu tempo,
e por levarnos contigo de viaxe ata a lúa.

Esperamos que gozases tanto da visita como nós.

mércores, 7 de marzo de 2018

OLA FAMILIAS

Aquí vai a entrada dos aniversarios que celebramos no mes de Febreiro.
As protagonistas deste mes son:




LÍA QUE CUMPRIU 4 ANOS 

JULIA  CON 5 ANIÑOS 




E BLANCA QUE CUMPRÍA  6 ANOS 


Nesta ocasión, no noso taller de cociña preparamos unhas galletas con formas divertidas.

Todos os neno/as participaron na súa elaboración:



ESMAGANDO GALLETAS




MESTURÁNDOAS CO LEITE CONDENSADO








E FACÉNDOLLE  FORMAS Á MASA



MIRADE A BOA PINTA  DO  RESULTADO FINAL


XA SÓ QUEDABA COMEZAR A PAPAR












 TIVERON MOITO  ÉXITO...


¡¡¡ PAPÁRONSE TODAS!!!


¡¡¡¡¡PARABÉNS LÍA , JULIA E BLANCA!!!!!!!