Páxina

domingo, 29 de marzo de 2020

EXPERIMENTO DE PRIMAVERA

Ola familias!!!!!

    Aquí vos deixamos outra idea sinxela para facer cos nenxs  e que, ademais, sorprenderáos.

EXPERIMENTO DE PRIMAVERA:

Necesitades:

- Folios, (pode ser calquera papel que teñades pola casa)  cores e tesoiras.
- 1 bandexa cun pouco de auga. 

INSTRUCIÓNS:

O primeiro é debuxar as flores (poñamos por exemplo, 3 flores). Tende en conta que deben coller na bandexa. As flores podedes debuxarllas ou ben que as debuxen eles, pero teñen que ter pétalos para despois dobralos. 

Unha vez debuxadas as flores, hai que colorealas e despois recortalas. Cando as teñamos recortadas, dobramos os seus pétalos e poñémolas con suavidade na bandexa con auga... OBSERVAMOS.. ¿QUE ACONTECE??

Os pétalos irán abríndose por arte de maixa... ou quizais porque saben que chegou a primavera ahí fóra.

ANIMÁDEVOS E PROBÁDEO. 

Un saudiño.


Ningún comentario:

Publicar un comentario