Páxina

domingo, 28 de xaneiro de 2018

NO MES DE XANEIRO ESTIVERON DE ANIVERSARIO...


Familias, 
Aquí estamos novamente para compartir convosco a celebración dos aniversarios dos nenos e nenas que cumpren anos no mes de xaneiro: Álex (4 anos), Nora e Pepe (5 anos) e Ainara e Lucas (6 anos).







Este mes non fixemos o noso tradicional obradoiro de cociña xa que aínda tiñamos gardados algúns doces sobrantes da merendola do Nadal. Os nenos e nenas decidiron que toda esa comida non podía desperdiciarse, e que mellor momento para gozala que nun día de festa coma este.

Os homenaxeados foron os encargados de decidir, dispoñer e organizar a colocación das mesas e das diferentes bandexas de comida. Que ben o fixeron!




Todo listo? Bo proveito e que empece a festa!


  
  







Pasámolo moi ben, estes momentos todos xuntos son dos nosos preferidos.

Vémonos moi pronto!

Saúdos.

VISITA DO ALUMNADO DO IES CHAPELA


Ola de novo familias, O pasado martes 23 de xaneiro os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos recibimos unha visita moi especial: un grupo de alumnos e alumnas do ciclo de educación infantil do IES Chapela viñeron pasar unha xornada escolar connosco.

Gozamos moito da súa compañía e do contacontos que tiñan preparado para nós.







Moitas grazas pola visita e ata a próxima.

Un saúdo.

sábado, 27 de xaneiro de 2018

Ola familias,

Preparamos  un video  para que saibades 

que estamos a traballar neste 2º trimestre.

Agardamos que vos guste




domingo, 21 de xaneiro de 2018

2º RETO BERETIÑO



Ola de novo familias,

O Beretiño (mascota do departamento de Dinamización da Lingua Galega) púxonos a proba de novo no seu segundo desafío, grazas ao cal aprendimos moitas cousas sobre os trobadores, xograres e as súas cantigas.



Para este reto, os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos puxémonos a investigar e decidimos, entre todos, elaborar un mural que reflectise todo o aprendido.

Aquí tedes o resultado.

Mirade como gozamos coa súa interpretación!
Segundo desafío CONSEGUIDO!
Un saúdo

martes, 16 de xaneiro de 2018

UNHA CHEA DE AGASALLOS

Queridas familias,

Esperamos que gozásedes moito das vacacións. Xa estamos de volta, coas pilas cargadas e enerxías renovadas para dar comezo ao segundo trimestre do curso. E vaia comezo!
Como sabedes, antes de irnos de vacacións tivemos unha visita moi especial: o Paxe Real e os Reis Magos viñeron ao noso cole. Ese día, os nenos e nenas de cada clase, entregámoslles unha carta, á espera de que algún dos nosos desexos fixérase realidade. 

E fixéronse!

Que ilusión máis grande cando, ao chegar ao cole, atopámonos con isto:




Sen dúbida, os Reis Magos sabían que os nenos e nenas de 3 anos desfrutamos moito o primeiro trimestre xogando coas letras e os números, por iso trouxéronnos algúns xogos para seguir experimentando con eles este segundo trimestre. Ademais, tamén recibimos uns dados para inventar historias, un set de pinzas e un novo maletín de médicos, ao que damos moitísimo uso.
Que ben!




Na aula de 4 anos, os Reis Magos deixáronnos de agasallo uns zapatos flamencos. Que sorte! Nótase que nos coñecen moi ben xa que son un dos nosos complementos favoritos no noso recuncho de xogo simbólico.
Olé!





Aos nenos e nenas de 5 anos encántanos experimentar con novas texturas e materiais. Por iso os Reis Magos sorprendéronnos con dous agasallos moi especiais: area kinética e plastilina intelixente.
Que ilusión!


Pero iso non é todo. Aínda nos quedaban máis sorpresas por descubrir, xa que os Reis deixáronnos, ademais, unha chea de materiais para compartir entre as 3 aulas.



Moitas grazas Reis Magos e ata o próximo ano!


E a vós, familias, un saúdo e vémonos pronto con máis novidades.