Páxina

venres, 12 de xuño de 2020

GOOD BYE


Ola nenos e nenas!!!! E velaquí a última proposta de inglés do curso 19/20 e tal e como di na imaxe: 

GOOD BYE 
GOOD LUCK

BICOS GRANDES DA PROFE OLGA!!!!! 



TEACHER OLGA



ÚLTIMO RETO...

CONSEGUIDO!!!

Esta semana vimos do que sodes capaces. Parabéns por conseguir este reto dos 5 sentidos, non era tan fácil!

Chegamos ao último reto e queremos felicitarvos polo gran traballo!!!


mércores, 10 de xuño de 2020

DESPEDIMOS O CURSO


Ola nenas e nenos!!!! 

Xa queda nadiña para rematar este curso que foi, a verdade, un pouco raro e no que, a pesar de todo demostrástedes ser uns verdadeiros CAMPIÓNS!!!!!!! 

Hoxe queremos pedirvos algo especial para despedir este curso como se merece. Necesitamos que grabedes un video (30 segundos aprox) despedíndovos do cole, dos compis, do curso... para facer un super mega video do CEIPP ALEXANDRE BÓVEDA!!!! 

Despidamos o curso na distancia, pero xuntos!!!!!!! 

ANÍMATE E PARTICIPA!!!!! 
(PRAZO PARA MANDAR OS VÍDEOS OU FOTOS ATA O MARTES 16 DE XUÑO)

(Se o video che da un pouco de reparo, vale con que nos mandedes unha foto simpática para despedir este curso 2019/20) 

En setembro empezaremos con mais ganas, con mais forza e con moitas sorpresas!!!!

BICOS FORTES PARA TODXS!!!!!!



luns, 8 de xuño de 2020

FOGOS ARTIFICIAS

Ola, ola!!!! 

Achégase o fin de curso e as vacacións de VERÁN!!!! Así que hoxe toca facer FOGOS DE ARITIFICIO!!!!!!! Aínda que este curso foi un pouquiño raro, vamos a celebrar todo o que traballastedes que non foi pouco!!!! 

MOI BO TRABALLO !!!

SODES UNS CAMPIÓNS!!!! 



BUSCAMOS UN TESOURO?

Ola nenxs!!!! 

O último reto para este curso 19/20. VAMOS A POR EL!!!!!

BICOS FORTES!!!!! 



xoves, 4 de xuño de 2020

MANDALAS

Bos días!!!! 

E para hoxe, xoves, deixamos voar a imaxinación e creamos... MANDALAS!!!!!! (Con pinturas, con pedras, con macarróns, con paus depresores, con canicas, con flores...) TODO VALE!!!

MOITOS MOITOS BICOS!!!!! 





mércores, 3 de xuño de 2020

ENGLISH!

Bos días!!!!! 

E aquí as tarefas de inglés da profe Olga!!! 


PREMEDE NO LINK! 

BICOS FORTES!!! 


martes, 2 de xuño de 2020

NOME CON OBXECTOS

E para hoxe... creamos o noso nome con obxectos... 

Seredes capaces????

Buscade obxectos que empezen polas letras dos voso nomes e a construir!!!! 




Un bico forte!!!!

luns, 1 de xuño de 2020

RETO SEMANAL PARA COIDAR O PLANETA!

Bos días a todxs!!!

    Hoxe queremos traervos un reto diferente, non obstante, igual de interesante... porque, sabedes? Dentro de moi pouco celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e tamén o DÍA DOS OCÉANOS... concretamente, o 5 e o 8 de xuño... Se mirades no calendario, veredes que xa queda moi pouco para celebrar estes dous días tan importantes. Todos debemos coidar o planeta onde vivimos, pero non só estes dous días senón TÓDOLOS DÍAS!

Dende o cole, preparamos unha serie de actividades para celebrar estes días e concienciar (nos) e concienciar a TODO O MUNDO da importancia de coidar a terra,  o mar, a auga... e por eso, o reto desta semana ten moito que ver con esto... Vamos a lanzarvos unha pregunta... e tendes que mandarnos un pequeno video dándonos a resposta ... seguro que tendes moi claro que pasaría se...


POIS AHÍ O TENDES... 

O RETO DESTA SEMANA...

QUE PASARÍA SE NO MUNDO SE ACABASE A AUGA?????

SEGURO QUE TAMÉN NOS PODEDES DAR ALGÚN CONSELLIÑO PARA QUE ISTO NON SUCEDA, VERDADE???

Pois ahí vos deixamos o reto desta semana. Esperamos os vosos vídeos... debuxos... dando resposta a esta pregunta ou tamén deixando algún conselliño para coidar este ben tan preciado entre todos. 
A AUGA. 

Esperamos a vosas respostas, coma sempre en: estrelasbrancas@gmail.com 

Unha vez os teñamos todos, montaremos un vídeo para publicar no blogue e tamén en twitter e así axudar un pouquiño a concineciar sobre a importancia que a auga ten nas nosas vidas! 

UN BICO FORTE!!!!!! 

E para darvos ideas... podedes ver un par de vídeos interesantes... 
















venres, 29 de maio de 2020

RETO DETECTIVE NUMÉRICO... CONSEGUIDO!!!

Esta semana as nenas e nenos do infantil Angorén convertéronse en verdadeiros detectives. A súa misión: atopar 10 obxectos con números...



Como podedes ver no vídeo, está conseguido!!!


Parabéns cangrexos, estrelas de mar e peixes arcoiris!!!

VENRES DE CONTO

Bos días!!!! 

    Hoxe é venres e luce o sol así que alegría!!! Estamos moi contentas con todos os traballos que estamos a recibir e por eso hoxe queremos deixarvos un conto para que pasedes un bo rato e vos divirtades contando... FANTASMAS!!!! Uuuuuuuuuuu!!! Que medo!!!!!



PREME NO ENLACE PARA ACCEDER!



ESPERAMOS QUE VOS GUSTE !!!! 

 UN BICO FANTASMA PARA TODXS!!!!! 


xoves, 28 de maio de 2020

CONTA E CREA !!!

Ola, ola!!!! 

Hoxe... vamos a crear con números!!!  Estades preparados???? Precisades UN DADO, rotus de cores e un papel... 

Tendes que tirar o dado, contar puntos e debuxar o que marque a cantidade do dado para crear o voso monstro arrepiante... 

Cantas bocas terá o voso monstro?? Cantos ollos??? Cantas antenas ou cornos???? Creade ata que vos atopedes un monstro co que estedes conforme ou ben, marcade un número de tiradas (por exemplo 10 e probade a ver que vos monstro vos sae...) Despois... xa sabedes, podedes sacarlle unha foto e mandalo a: estrelasbranncas@gmail.com. Queremos ver os vosos monstros arrepiantes,

ANIMASTE???

UUUUUUHHHHHH... QUE MEDO!!!!!!!



BICOS MONSTRUOSOS!!!!! 

mércores, 27 de maio de 2020

NUMBERS

E seguimos coa semana de números... hoxe toca ENGLISH!



PREME NO LINK:




BICOS FORTES!!!! 

martes, 26 de maio de 2020

CONSTRUIMOS!!!


Bo día!!!

 Como vedes, esta semana está sendo un pouco numérica... xa que vivimos nun mundo cheo de números que nos rodean por todas partes! Hoxe queremos proporvos que fagades unha torre. Podedes usar calquera material que teñades pola casa (caixas, coxíns, pezas, libros, xoguetes...) e facer unha TORRE O MAIS ALTA POSIBLE! Unha vez feita tedes que medila e despois pasamos os datos o papel... DEBUXADES A VOSA TORRE E ESCRIBIDES CANTO MIDE!!

    QUEN FARÁ A TORRE MÁIS ALTA??

Se queredes, mandádenos a vosa foto, coa torre e o debuxo!!! Xa sabedes: estrelasbrancas@gmail.com

ÁNIMO!!!! 

QUE EMPECE A OBRA!!! 

UNHA APERTA GRANDE!!!!!

luns, 25 de maio de 2020

RETO NUMÉRICO


Bos días!!!!
Hoxe chega un novo reto, un reto numérico!!!  Seredes capaz de atopar polas vosas casas 10 obxectos que teñan números? 


Seguro que sodes uns auténticxs detectives!!!!! 

EMPEZA A BÚSQUEDA!!!!!! 



UNHA APERTA GRANDE!!!!



venres, 22 de maio de 2020

"MANS NA MASA"

Pensábades que eran soamente cangrexos, estrelas de mar e peixes arcoiris, pero non... 


Presentámosvos ás grandes 
cociñeiras e cociñeiros do infantil Angoren!!! 



Este era un reto do máis saboroso e polo que podedes ver pasárono xenial!!! Esperamos poder facer pronto unha merendola así todxs xuntxs!!!

Non fai falta dicir que... RETO SUPERADO!!!

XOGA COA REALIADE AUMENTADA. COLOREA E ENCHE DE VIDA OS TEUS DEBUXOS!!


Ola un día máis!!!
Hoxe é venres e queremos deixarvos un libro moi especial para colorear... xa que podedes facer "maxia" a través da realidade aumentada para que os vosos debuxos saian do seu papel... e telos ahí nas vosas casas. Queredes probar??? Ahí vos van as instruccións de uso e recordade que non hai necesidade de imprimir se non podedes ou non queredes, podedes pintalos a través de paint co ordenador, da tablet...eso sí, as instruccións para a realidae aumentada son as mesmas despois... Esperamos que vos guste!




ACCEDE OS DEBUXOS PREMENDO NO LINK:


xoves, 21 de maio de 2020

LIÑAS TOLAS

Ola, ola!!!

  Hoxe deixámosvos un expermiento para que vexades liñas tolas... ou quizais sexa a auga a que está tola??? Comprobádeo vos mesmxs!!!!!

PRECISADES:

ROTULADORES FOSFORITOS.
UN PAPEL
UN VASO CHEO DE AUGA.

PRIMERO FACEDE LIÑAS DE CORES E DESPOIS...

QUE PASA CANDO POÑEMOS O VASO DIANTE DO PAPEL????




XA NOS CONTAREDES...

UN BICO MOI FORTE!!! 

mércores, 20 de maio de 2020

PASAPALABRA

Os mércores toca English e... SIIII, xogar coa comunicación e coas palabras... así que,  aquí vos deixamos unha proposta super entretenida de A.L: PASA PALABRA PARA COMUNICARNOS...

https://view.genial.ly/5ea294ccd407580db9f212ba/presentation-pasa-palabra-comunicarnos





 XOGA, APRENDE E COMUNÍCATE!!!

UN BICO FORTE PARA TODXS!!! 


Hello!!!

Aquí van as propostas de inglés para esta semana!!! 



https://drive.google.com/file/d/1GQENHeBv6uy7K4aneAefrdYlm7CBVQiY/view?usp=sharing

BICOS E APERTAS!!!!!

martes, 19 de maio de 2020

SIMETRÍA

Ola ola!!!

    Aquí estamos de  novo... e hoxe propoñémosvos unha actividade de SIMETRÍA!!!! Pero... que é a simetría?? Pois aquí vos explicamos... para que vos poñades a crear en canto poidades...

Para enteder que é un debuxo simétrico podedes doblar un folio pola metade e debuxar lineas ou unha mariposa... que pasa se o doblamos? Pois que nos sae o seu debuxo simétrico... e ademais chulísimo!!!

Pero podedes probar a facer debuxos simétricos con calquera tipo de material... aquí vos van uns exemplos...


Xa vedes, pintura, paus, tapóns, pezas... ATREVÉDESVOS COA SIMETRÍA???






E agora... A CREAR!!!!! 

UN BICO ENORME!!!! 



luns, 18 de maio de 2020

RETO DE COCIÑA!!!

Pois si, amiguiñas e amiguiños, o reto desta semana vai de cociña... Hai que facer un pouco de todo!!!! Cal destas dúas recetas vos atrevedes a facer??? Non vos podemos pedir a proba... pero sí unha fotiño... Estamos seguras de que seredes uns cociñeirxs estupendos!!!! E agora...

MANS A MASA!!!!! 





Recordade mandar a vosa foto... tendes ata o xoves... estrelasbrancas@gmail.com

BICOS FORTES!!!!!



PROCURA DO TESOURO... CONSEGUIDO!!!!

Unha semana máis queda claro do que sodes capaces... Utilizáchedes as vosas habilidades de procura para poñer a casa patas arriba e atopar todas as cousas de cores que pedía este reto... 

PARABÉNS CANGREXOS, ESTRELAS DE MAR E PEIXES ARCOIRIS!!!




Aquí deixámosvos o vídeo e non esquezas que esta semana o reto é de... COCIÑA!!! Agardamos as vosas fotos impacientes!!!




venres, 15 de maio de 2020

DÍA DA FAMILIA

Ola familias!!!! 

Hoxe é o voso día e dende aquí non podiamos deixar pasar este 15 de maio sen desexarvos todo o mellor. Somos conscientes de todo o esforzo que estades a facer nestes días (xa meses) de confinamento e por eso queremos, aínda que na distancia, estar un pouco máis preto desexándovos o mellor. Para hoxe e para sempre. Xuntos ante a adversidade porque TODO SAIRÁ BEN!!! 

PRONTO NOS VEMOS!!!!

UNHA APERTA MOI FORTE PARA TODXS!!! 

E hoxe máis que nunca, DISFRUTADE!!!!! 





XA QUEDA MENOS PARA PODER DARNOS ESAS APERTAS QUE TANTO NECESITAMOS TODOXS!!!!! 


CONCURSO DO FONDO DO MAR!!

Ola ola!!!

Atrevédesvos a participar neste concurso do fondo do mar??? Demostra todo ou que sabes e aprende máis curisoidades sobre o fondo mariño!!!

ATREVÉDESVOS A PARTICIPAR???

CLICK NO ENLACE E EMPEZADES... (podedes xogar coa tablet, co mobil ou co ordenador). 




xoves, 14 de maio de 2020



Ola ola!!!

Hoxe propoñémosvos un pouco de puntillismo nun papel de cociña!!!! Pasaredes un rato super divertido creando con rotus de cores, facendo puntos dec ores, seguindo o debuxo do papel...  e cando xa teñades a vosa obra... cun pouquiño de maxia... podedes convertela nunha fermosa bolboreta!

Veña, mans a obra e a crear!!!!!!

UNHA APERTA XIGANTESCA PARA TODXS!

PRECISADES:
- Un cadrado de papel de cociña.
- Rotuladores de cores.
- Unha pinza.

A pinza tamén podedes decorala, porlle olliños... o que se vos pase pola imaxinación... e para os máis atrevidxs... podedes ensinarnos esas magníficas bolboretas mandándoas ao noso correo: estrelasbrancas@gmail.com


BICOS, BICOS E MÁIS BICOS!!!!! 

mércores, 13 de maio de 2020

TODOS A SOPLAR BURBUJAS!!!!!

Bos días!!!!! 

    Ademais das propostas de inglés da teacher Olga, tamén vos queremos deixar unha app da profe Nerea (A.L.) para que o pasedes en grande soprando burbuxas e facendo xirar o molinete!!! ATRÉVEDESVOS A XOGAR E PASAR UN RATO DIVERTIDO??? 
Só tendes que descargar a APP en PLAYSTORE  e a xogar!!!!

A app chámase:



UNHA APERTA MOI MOI FORTE PARA TODAS E TODOS!!!!! 

HELLO !!!

Bos días:

   Por aquí vos deixamos as propostas de inglés desta semana da man da teacher Olga. Unha aperta moi moi forte!!!!




PREMEDE NOS LINKS!!!


https://drive.google.com/file/d/1aqRSzir_lK_pgTX8YAtxzc0ULWSkaX4s/view?usp=sharing


https://drive.google.com/file/d/1mfwKky5yMV95w1zLtX2z0bOEuI4YuEZh/view?usp=sharing



martes, 12 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020


Ola, ola caracola!!!

    Recordade que esta semana é a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS... adicada a Ricardo Carballo Calero... e nós seguimos aquí, impacientes, esperando que nos cheguen todas esas obras de arte de pitas molladas pola choiva... Para que vos animedes deixávos o conto... e así inspirádesvos un pouco para poñervos a crear!

UN BICO ENORME PARA TODXS!!!! 



E di despois de ver o conto vos entra fame... aquí tendes unhas ideas divertidas... relacionadas co conto... porque ler ás veces da moooooita fame!!!! Que aproveite!!! 


LER, COCIÑAR, COMER, CREAR, DEBUXAR... Animádevos!!!! 


                                           


BICOS, BICOS E MAIS BICOS!!!!! 


ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Ola ola!!! 

Hoxe queremos deixarvos unhas adiviñas sobre o mar para que lle dedes un pouco a cabeciña.  Non é necesario imprimir,  podedes escribir o nome e facer debuxos... pero... antes tendes que adiviñar!!!! 



PREMEDE NO LINK PARA ACCEDER:

https://drive.google.com/file/d/1WqFpoKXWnomMyBmuDEk-8HuxXhD-QGjv/view?usp=sharing


Un bico enorme!

luns, 11 de maio de 2020

NA PROCURA DO TESOURO

Ola familias e nenxs!!!

    Hoxe é luns e aquí vos traemos o novo reto desta semana. Trátase de atopar un tesouro. Estades preparadxs? Ollos ben abertos que este vai de .... C O R E S !!!! 

NA PROCURA DO TESOURO DO ARCO DA VELLA. 


E O TEMPO EMPEZA... XA!!!!! 
ESPERAMOS AS VOSAS FOTOS!!!!
Recordade que tendes ata o xoves!!!! 
Ánimo!!!! 


venres, 8 de maio de 2020

UNHA SEMANA MÁIS... RETO CONSEGUIDO!!!

Esta semana o reto proposto era "Eu axudo en casa", e quedamos abraiadas con todo o que colaborades!!! É moi importante axudar á familia na casa, igual que o facedes no cole, e así tamén traballar a autonomía, tan importante nesta etapa.

Conseguíchedes o reto con creces, sodes uns campións e campioas!!! Aquí vai o voso vídeo de gañadoras e gañadores!💥💜





PARABÉNS CANGREXOS, 
ESTRELAS DE MAR  E PEIXES ARCOIRIS!!!

VENRES DE CONTOS!

Bos días!!!!!

    Hoxe queremos darlle a benvida o venres como se merece, cun VENRES DE CONTOS!!! Para iso traémosvos unha actividade moi divertida para que a ides precisar UN DADO e as plantillas que vos deixamos no enlace... e sobre todo MOITA MOITA IMAXINACIÓN!!!!! 


AS PLANTILLAS ATOPÁDELAS PREMENDO NO LINK DE ABAIXO. SON COMO ESTAS... E TENDES VARIAS OPCIÓNS DE CONTOS. 



TRÁTASE DE QUE TIREN O DADO 3 VECES, UNHA POR CADA COUSA QUE TEÑEN QUE ELEXIR, (personaxe, problema e escenario) e a partir de ahí, inventen unha historia. Axudádeos. Ides pasar un tempo moi divertido xuntxs inventando historias. Pasarédelo xenial dándolle renda solta a vosa imaxinación. 

EXEMPLO: 
- TIRO O DADO E SÁEME UN CATRO, polo tanto, o personaxe é unha nena.
- VOLVO TIRAR O DADO, SÁEME UN SEIS: o problema é que coñece a un extraterrestre.
- TIRO O DADO UNHA ÚLTIMA VEZ e sáeme un 1: o escenario é a granxa. 

Pois agora que xa temos todo... toca inventar unha historia... Ahí vai a nosa... 

ªHabía unha vez unha nena que saira de excursión a unha granxa, ía toda contenta pola mañá, quería ver moitos animais. Estaba entusiasmada por ver as galiñas, os porcos, as ovellas... por coller ovos, muxir a vaca, montar a cabalo... Ese día prometía ser inolvidable... e tanto que o foi... a granxa deparaba unha sorpresa enorme!!! Alí, ademais de porcos, galiñas, cabalos, coellos, patos, vacas e burros, coñeceu a algúen especial... Era pequeno, verde e tiña os ollos saltóns! Non, non era un grilo, era un extraterrestre! E moi divertido por certo. Chamábase Flopi e foi o encargado de enseñarlle a granxa enteira, pasárono xenial, merendaron xuntos, xogaron, correron cos cans e déronlle de comer os patos... montaron a cabalo... Ata que tocou despedirse, prometendo que outro día volvería a visitar a todos, incluído a Flopi, que se convertera nun amigo moi especial e nun secreto ... non llo digades a ninguén, eh! 
E colorín, colorado, este conto xa está rematado!" 

PERO TAMÉN PODE SER UN MINI CONTO SINXELO como:
PERSONAXE: 3 - UNHA AVOA
PROBLEMA: 5 - NON PODE VER
ESCENARIO: 4 - NO DESERTO. 
  UNHA AVOA SAIU A PASEAR POLO DESERTO, PERO FACÍA TANTA TANTA CALOR,  QUE NON PODÍA VER E, SEN DARSE CONTA,  PINCHOUSE CUN CACTUS !!! AAAIIIII, QUE DOR!!!! TEN COIDADO AVOIÑA, CANDO SAIAS DE PASEO. USA LENTES PARA O SOL E VAI A MODIÑO... QUE TE PODES FACER DANO! 
COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO!!! 


AGORA É O VOSO TURNO, ATRAVÉDESVOS??? PODEDES ACCEDER A MÁS PLANTILLAS PREMENDO NO LINK!




UN BICO DE CORES!!!! 


xoves, 7 de maio de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA OU AS PITAS MOLLADAS


Ola un día máis a todxs!!!
   Esperamos que sigades ben e recordade, ante todo, que un día máis é tamén un día menos!!!!!

   Hoxe queremos deixarvos un traballiño para que deixedes voar a vosa imaxinación... No enlace atoparedes un pita. Representa o conto infantil de Ricardo Carballo Calero, o que este ano se lle adica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020. O que tedes que facer coa pita é o que vos apeteza ou vos suxira: colorear, pegarlle papeliños ou calquera outro material, facer grafo con ela e decorala con puntos, con raias, con formas xeométriacas, pintar con diferentes materiais ou ben debuxala, tamén podedes facela vós. TODO VALE!!! O importante é que a fagades como máis vos guste!!Unha vez feita mandándenola (antes do día 15 de maio), pois ese día o noso twitter do cole estará cheo de pitas molladas, de infantil e primaria,  que será a nosa pequena homenaxe a este autor.

PODEDES DESCARGAR A PITA NO ENLACE OU BEN, DEBUXALA VOS MESMOS!!!! Esperamos todas esas pitas con entusiasmo!!! 

https://drive.google.com/file/d/1TDspcXIDevqJlNii_RtlJzeCF4mNDEUD/view?usp=sharing





RICARDO CARBALLO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020


Un bico moi forte!


mércores, 6 de maio de 2020

Boas a todxs!!! 

    Un día máis... un día menos!!!! Moito ánimo!!!!! Aquí vos deixamos máis xogos interactivos para a aprendizaxe das habilidades lingüísticas. 
Unha aperta mo moi pero que moi forte!!!! 

https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas



AQUÍ VAN AS PROPOSTAS DE INGLÉS DESTA SEMANA!


Hello!!!! 

Aquí vos deixamos as propostas da profe Olga para esta semana! Premede no enlace de abaixo. 

Moitos biquiños!!! 





https://drive.google.com/file/d/11NY7W1d_hF_jS7WeNutoG5baiz4BaefM/view?usp=sharing

martes, 5 de maio de 2020

NOVA PROPOSTA PARA ESTA SEMANA!!! ⇦⇧⇨⇩

Que mellor que aprender xogando?? A través do xogo os nenos e nenas poden aprendelo todo!! Por iso esta semana vos propoñemos unhas actividades de orientación espacial onde os pequenos poden pasalo fenomenal!!

Primeiro deixámosvos unhas tarxetas para repasar os conceptos e a continuación... Uns xogos que podedes adaptar co que teñades na casa!! Así traballarán a dirección, a posición, a orientación... A través de xoguetes e flechas, así de fácil!



Por último elaboramos tamén un xogo interactivo para que podan facelo dende calquera dispositivo electrónico e disfrutar ao máximo!!! Deixámosvos aquí o enlace:


Esperamos que vos divirtades e sigades con moitas ganas de aprender!!
Non vos esquezades que con calquera dúbida podedes escribirnos ao correo!!

FELIZ MARTES CANGREXOS, ESTRELAS DE MAR E PEIXES ARCOIRIS