Aquí estamos de novo familias, e para darvos un notición! E é que "O Beretiño" (a mascota do Equipo de Dinamización Lingüística) xa anda ás voltas cos seus coñecidos premios. En primeiro lugar, repartiu o premio resultante do sorteo no que participaron todos/as aqueles/as que trouxeron ao centro unha cabaza decorada no Samaín. Aquí podedes ver ás agraciadas (Leire e Naiara, de 6º de Educación Infantil) e algunhas das cabazas traídas. Moitas grazas pola vosa participación!
Pero ademais, o Beretiño fixo un sorteo entre todos/as os/as nenos/as que acertaron os acertixos que propuxo no primeiro programa de radio, relizado polo alumnado de 4º de Primaria coa mestra de música Ángela. Grazas polo voso traballazo! Aquí están os que levaron o premio. Que non se preocupen os que non lles tocou desta vez, xa que seguirá habendo sorteos en todos os programas!
|
Alumnado de 4º de Educación Primaria coa mestra de música Ángela |
|
4º Educación Infantil co Beretiño |
|
5º de Educación Infantil |
|
6º de Educación Infantil |
Estes foron os agraciados no sorteo do Beretiño:
|
O Beretiño con Gael, de 4º de EI |
|
Axexandra, de 4º de EI |
|
Kevin, de 5º de EI |
|
Blanca, de 5º de EI |
|
Aarón, de 6º de EI |
|
Daniela, de 6º de EI |