Páxina

mércores, 16 de maio de 2018

De interese!

Ola familias,
O mércores 23 de maio, ás 19.00h, terá lugar un contacontos no exterior da Biblioteca de Chapela a cargo de Xoga, unha organización de discapacidades sensoriais (auditivas, sensoriais e de linguaxe). O obxectivo é a sensibilización entre a poboación máis nova a través de actividades lúdicas. Esta sesión está deseñada para nenas e nenos de 2 a 6 anos de idade e narrarán diversos contos en lingua de signos e lingua oral. Animádevos!


Un saúdo 

luns, 14 de maio de 2018

3,2,1...ACCIÓN

Boas familias!

A clase dos e das mutantes levabamos un tempo sen saber das nosas amigas e amigos de 6º de Primaria, por iso, hoxe, xa que estamos coas revolucións tecnolóxicos a voltas, xuntámonos e gravamos unhas "minipelículas" cunha App que nos permitía tornar ao cine de hai uns cantos anos. Mirade o resultado!




Saúdos!

martes, 1 de maio de 2018

CONTACONTOS FAMILIAS (4º EI)

Queridas familias,


Nesta entrada queremos compartir convosco o último día de CONTACONTOS na aula de 3 anos. Nesta ocasión visitounos María, mamá do noso compañeiro Bruno.


María e Bruno tiñan preparada para nós unha asombrosa historia sobre un monstro chamado Camuñas. Pero Camuñas non era un monstro normal, senon que era un monstro bastante atípico, que a pesar do seu horrible aspecto non foi capaz de asustar á súa vítima: a pequena e intelixente Branca.


Branca, pese a súa curta idade, conseguiu darlle a volta a unha situación, aparentemente, tráxica, e cun final digno de historia de medo.




E foi así como Camuñas, aquel monstro que non se cortaba as uñas e cuxa única intención era comerse a Branca, converteuse nun dos seus mellores amigos.

Pero María e Bruno, ademais de sorprendernos con esta monstruosa historia, quixeron regalarnos o conto de Camuñas para a nosa biblioteca de aula, e así poder gozar e divertirnos coas súas aventuras sempre que queiramos.


Moitas grazas María, polo conto, polo teu tempo e colaboración, e por axudarnos a descubrir que non sempre son certas as primeiras impresións.
Esperamos que gozases tanto da visita como nós.

CONTACONTOS FAMILIAS (4º EI)

Ola de novo a todos e a todas,

Nesta entrada queremos compartir convosco outro día máis de CONTACONTOS na aula de 3 anos.
Nesta ocasión veu visitarnos Tomás, tío do noso compañeiro Darío.



Tomás e Darío compartiron connosco unha historia moi especial sobre o Trasgo da Fantasía. Este trasgo non é un trasgo calquera xa que, coa súa maxia, axuda a aquelas persoas que non saben contar contos, como é o caso do papá de Jaime, protagonista da nosa historia.



Grazas ao Trasgo da Fantasía, Jaime e o seu papá viaxaron ao País de Sempre Volverás, lugar onde viven os protagonistas de todos os contos. Neste afastado e máxico País viviron miles de aventuras da man do gato con botas, os tres porquiños, Willy Fog, a Bela e a Besta, Caperucita, os músicos de Bremen, Blancaneves e os sete ananos, Hansel e Gretel, Aladín, Campanilla, Peter Pan e mesmo coñeceron a David o Gnomo.



Grazas ao Trasgo da Fantasía, o papá de Jaime coñecera as historias dunha chea de protagonistas de contos, historias que compartía con Jaime cada noite, antes de ir durmir.

Moitas grazas Tomás pola túa colaboración e tempo, e por achegarnos a maxia dos contos.
Esperamos que gozases tanto da visita como nós.