Páxina

luns, 2 de xullo de 2018

AXUDAS MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias,

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros e material para o ciclo de educación infantil.

LIGAZÓN Á PÁXINA DO CONCELLO DE REDONDELA:


Un saúdo

martes, 26 de xuño de 2018

Xornada de Convivencia fin de curso


Ola de novo familias!

O xoves 21 de xuño demos por rematado o curso, e a modo de despedida, como xa é tradición dende os últimos anos, no colexio organizamos unha xornada de convivencia para toda a comunidade educativa.
Así pois, as 9.15 h deron comezo os 4 obradoiros polos que íamos rotando e que estaban organizados polo alumnado de 6º de Primaria.

Ditos obradoiros eran os seguintes:

Ecopercusión: no cal os nenos/as de 6º nos repartiron a cada un unha garrafa de auga baleira e nos ensinaban a tocar diferentes ritmos.



A maxia dos contos: no que os alumnos/as de 6º dramatizaron o conto do “Coelliño Branco”, e logo levaron a cabo algún que outro truco de maxia.


Crearte: no que tivemos que debuxar unha flor sobre papel corrido, e nos seus pétalos escribir as respostas a preguntas que nos facían.



Xogos populares: no que nos tiñan preparados dous xogos, un de derribar latas cunhas pelotas; e outro de relevos con auga.





Unha vez finalizados ditos obradoiros, fixemos un pequeno parón para merendar e repoñer forzas.
Seguidamente tivo lugar o acto de despedida do alumnado de 6º de primaria, no que nos dedicaron un texto a modo de despedida, os seus respectivos titores fixéronlle a entrega das orlas e despois disto, sorprendéronnos cunha Batukada que tiñan preparada.


Por último, todos xuntos gozamos dun concerto a cargo de Susa Herrera, no que bailamos e cantamos moito.




Sen máis, toca despedirnos ata o curso que vén,  pero non sen antes agradecervos toda a vosa implicación e colaboración ao longo deste ano. Esperamos que pasedes unhas moi boas vacacións e que gocedes moito en familia do verán.

Saúdos!  e Vémonos á volta! 

Aniversarios Xullo e Agosto


Ola familias!

O mércores 20 de abril dedicámolo á celebración dos aniversarios dos nenos/as que cumpren durante os meses nos que estamos de vacacións, e que polo tanto non poderíamos celebrar todos xuntos/as.

Así pois, da clase dos Mamuts, tocoulles soprar as velas a: Borja, Irina, Bruno, Nerea, Darío, Noa, e Gabriel.  


Na clase das Cacharelas a: Aitana e a Bruno.



E na clase dos Mutantes a: David, Zoe, Dani, Sabela, Bruno, e Íker.




Nesta ocasión non levamos a cabo o tradicional obradoiro de cociña, posto que as mestras tiñan preparada unha rica merendola con diferentes cousas que nos encantan: gusanitos, patacas fritas, sándwichs de nocilla, palomitas…





Como podedes observar, pasámolo xenial!

luns, 11 de xuño de 2018

ANIVERSARIOS MAIO


O  PASADO MES DE MAIO, NA CLASE DAS CACHARELAS, CUMPRIRON 5  ANOS:



SARA




HUGO ORDÓÑEZ 




NOA


HUGO RODRÍGUEZ




NA CLASE DOS MUTANTES, CUMPRIU  6 ANOS:

BREIXO


O MENÚ DESTE MES FOI : ¡¡¡PIZZAAA!!!



 COMEZAMOS POR EXTENDER O TOMATE







DESPOIS CORTAMOS  ANAQUIÑOS DE  XAMÓN 



E POR ÚLTIMO BOTÁMOSLLE  O QUEIXO


 UN TEMPO DE  FORNO E   LISTA PARA COMER





domingo, 3 de xuño de 2018

SAÍDA Ó MONTE


O martes 29 de maio  o ciclo de infantil fixo unha saída ó monte comunal de Chapela.
Alí,  comuneiros  e persoal de medio ambiente da Xunta, explicáronnos como se pranta unha árbore.





Observamos ben  os pasos a seguir.


Cavar o burato




Colocar a árbore e rodeala  cun muro de terra   para que a auga que chega do río  a regue



Despois tocounos facelo a nós








fomos descubrindo animaliños que pasaban por aí


e lles puxemos o noso nome as árbores que plantamos


Tamén ensináronnos niños de diferentes aves




Foi unha xornada moi divertida para todos e....



esgotadora para algúns.


mércores, 16 de maio de 2018

De interese!

Ola familias,
O mércores 23 de maio, ás 19.00h, terá lugar un contacontos no exterior da Biblioteca de Chapela a cargo de Xoga, unha organización de discapacidades sensoriais (auditivas, sensoriais e de linguaxe). O obxectivo é a sensibilización entre a poboación máis nova a través de actividades lúdicas. Esta sesión está deseñada para nenas e nenos de 2 a 6 anos de idade e narrarán diversos contos en lingua de signos e lingua oral. Animádevos!


Un saúdo 

luns, 14 de maio de 2018

3,2,1...ACCIÓN

Boas familias!

A clase dos e das mutantes levabamos un tempo sen saber das nosas amigas e amigos de 6º de Primaria, por iso, hoxe, xa que estamos coas revolucións tecnolóxicos a voltas, xuntámonos e gravamos unhas "minipelículas" cunha App que nos permitía tornar ao cine de hai uns cantos anos. Mirade o resultado!




Saúdos!

martes, 1 de maio de 2018

CONTACONTOS FAMILIAS (4º EI)

Queridas familias,


Nesta entrada queremos compartir convosco o último día de CONTACONTOS na aula de 3 anos. Nesta ocasión visitounos María, mamá do noso compañeiro Bruno.


María e Bruno tiñan preparada para nós unha asombrosa historia sobre un monstro chamado Camuñas. Pero Camuñas non era un monstro normal, senon que era un monstro bastante atípico, que a pesar do seu horrible aspecto non foi capaz de asustar á súa vítima: a pequena e intelixente Branca.


Branca, pese a súa curta idade, conseguiu darlle a volta a unha situación, aparentemente, tráxica, e cun final digno de historia de medo.




E foi así como Camuñas, aquel monstro que non se cortaba as uñas e cuxa única intención era comerse a Branca, converteuse nun dos seus mellores amigos.

Pero María e Bruno, ademais de sorprendernos con esta monstruosa historia, quixeron regalarnos o conto de Camuñas para a nosa biblioteca de aula, e así poder gozar e divertirnos coas súas aventuras sempre que queiramos.


Moitas grazas María, polo conto, polo teu tempo e colaboración, e por axudarnos a descubrir que non sempre son certas as primeiras impresións.
Esperamos que gozases tanto da visita como nós.