Que tal van eses cangrexos, esas estrelas de mar e eses pez arcoiris??? Espero que levedes todo isto da mellor maneira posible. Dende aquí mandarvos un bico enorme e dicirvos que vos botamos moito de menos!!! Pero pronto encheremos as aulas de ruido e alegría.
Debido a esta situación especial por motivo do COVID-19 decidimos recuperar de novo este blogue para poder estar en contacto e que teñades mais accesible todo o que abrangue a etapa de Educación Infantil. Recordade que non se trata de facer todo nun día, senón procurar seguir mantendo unhas rutinas diarias, un horario axeitado e unhas tarefas con todo aquelo que teñamos pola casa. Dende aquí subiremos ideas, enlaces, actividades... para facilitarvos un pouco a tarefa que sabemos que ás veces, non resulta doada, igual que non o é esta situación extraordinaria, pero recordade que xuntxs podemos superala.
Por se vos serve de axuda, aquí vos deixamos un exemplo de horario para estes días, serán complicados pero o importante é que estamos facendo o correcto. Cun graiño de area, paciencia e un pouco de esforzo de cada un podemos conseguilo.
#euquedonacasa
#todovaasalirbien
Estas son as actividades que vos propuxemos o venres, cada día xogade un pouquiño, contade contos, contade historias, contade mazás, laranxas ou rolos de papel hixiénico, que nestes días parece que abundan ... facede debuxos... e dádalle renda solta a vosa imaxinación.
Moito ánimo para estes días e estamos en contacto.
Un saúdo de todo o Equipo de Ed. Infantil.
Ceip p. Alexandre Bóveda
Ningún comentario:
Publicar un comentario