Páxina

xoves, 9 de novembro de 2017

No mes de Outubro cumpriron...

Ola familias!

No mes de outubro os compañeiros/as que cumpriron anos foron Hugo Alonso, Gael e Óscar da clase de 5º de E.I., e Ainoa da clase de 6º de E.I.

Para a celebración de ditos aniversarios, nesta ocasión e coincidindo coa festividade do Samaín, levamos a cabo un obradoiro no que elaboramos dúas receitas terroríficas: por un lado unhas tumbas con pan de molde e crema de cacao, cuxa preparación correu ao cargo dos nenos/as da clase de 5 anos; e por outro lado uns fantasmas con plátanos e pebidas de chocolate, que foron preparados polos nenos/as da clase de 4 anos.  Por outra parte, os nenos/as de 3 anos foron os responsables de decorar os vasos para unha “pócema máxica” que as mestras tiñan preparada (zume de granada e uva) que debido á súa cor vermella causou moita expectación entre os máis pequenos/as.

Como de costume, unha vez rematadas as receitas saímos ao patio para cantarlles o “Cumpleaños Feliz” aos compañeiros/as, e de seguido comezamos coa degustación das receitas elaboradas.

Aquí podedes ver algunhas fotos:






















Saúdos!!

2 comentarios: