Ola familias!
Este pasado venres
celebramos a festa do Samaín e do Magosto.
Así pois, sobre as 9:30 h
reunímonos todos na pista exterior, e demos comezo á primeira actividade
chamada “Atopa a peza que falta na cabaza” que consistía en compoñer un
crebacabezas cunha imaxe dunha cabaza. Cada titoría tiña que colocar unha das
pezas que faltaba e ler unha frase que previamente escribiran en dita peza e na que se reflectía algunha das tradicións levadas a cabo nesta festividade.
Seguidamente comezamos co
repertorio de xogos populares que os nenos/as de 6º foron encargados de
monitorizar. Como en anos anteriores, houbo diferentes xogos, concretamente
sete: Petanca; Relevos con culleres; Comecastañas; Castelos con casulos;
Raiolas; Chapas e Cordas. En cada un dos xogos os nenos/as permanecían durante
un tempo de 10 min.
Unha vez rematados os
xogos, pasamos a recoller as castañas que as familias asaran e dirixímonos ao
cuberto do ximnasio para degustalas.
Despois disto, todos os
grupos volvemos a baixar ao patio para cantar e bailar a canción do Magosto que
durante as semanas previas fora ensaiada nas sesións de Música, e con dita
actividade deuse por rematado o festexo do Samaín e do Magosto.
Como podedes observar nas
fotos, pasámolo moi ben durante dita xornada.
Saúdos!
Que bien se lo pasan nuestros niños!!!
ResponderEliminarQue Samain mas divertido,me encanta
ResponderEliminar