Ola
familias!
Como
xa sabedes o pasado venres os nenos/as de Educación Infantil tivemos unha saída
ao Monte Penide, situado en Redondela, pois aproveitando que estamos a abordar a
temática da Prehistoria a través do Proxecto Integrado de centro, dita saída era
unha gran oportunidade para poder ver e analizar de primeira man diferentes
restos arqueolóxicos conformados principalmente por petróglifos e mámoas, que converten
a este lugar nun dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de Galicia.
Así
pois, unha vez que chegamos ao noso destino, o primeiro punto que visitamos foi
a mámoa do Rei, un dos 39 túmulos que conforman a necrópoles do Monte Penide, e
o cal actualmente é o único que se pode visitar e acceder a el, pois o resto aínda
se atópanse enterrados e sen sinalizar.
Como
ao interior da mámoa non podíamos acceder todos/as a un mesmo tempo, debido a que
o espazo é bastante reducido, establecemos quendas por clases para poder vela.
Mentres tanto, as clases que esperabamos para visitala estivemos investigando diferentes
espazos polo monte e recollendo distintos elementos naturais (paus, piñas…)
para ambientar a cova que creamos na entrada do noso colexio.
Cando rematamos de ver a
mámoa, emprendemos camiño cara aos petróglifos de Chan da Cruz. A estes só
fomos capaces de chegar os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I., pois os nenos/as
de 3 anos xa estabamos algo cansos de andar e preferimos quedar investigando
nunha zona do monte diversas pegadas que había polo chan, e recollendo máis
elementos naturais.
Posteriormente reunímonos
todos/as de novo e paramos un anaco a comer unhas galletas e a beber auga para
repoñer forzas e emprender o camiño de volta ata onde nos agardaba o autobús.
Como podedes observar nas
fotos durante a excursión pasámolo moi ben e gustounos moito ver os distintos
xacementos que conteñen mostras dos nosos antepasados.
Un saúdo!
Que bonito día en el monte !!!
ResponderEliminarQue bien se lo pasaron en su primera excursión!!!
ResponderEliminar