Ola familias!
Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o
Día Internacional contra a Violencia de Xénero polo que dende o colexio ao longo desta semana pasada estivemos abordando dita temática.
Así
pois, a raíz de visualizar algúns catálogos de xoguetes que algúns nenos e nenas
trouxeron ás aulas, reparamos en que a maioría deles seguen facendo unha
división entre os xoguetes de nenos e xoguetes de nenas, creando unhas inxustas
diferenzas que en nada corresponden á sociedade na que vivimos.
En relación a isto, despois
de falar detidamente sobre o tema, os nosos nenos e nenas quixeron deixar ben
claro que para eles/as non existen distincións entre os xoguetes, e os tipos de
xogos polos que optan tanto nas súas casas como na escola. Deste xeito, a idea preconcibida
de que os nenos prefiren para xogar os coches, os balóns, ou as ferramentas e
as nenas as bonecas e as cociñas, témola que deixar a un lado, pois eles/as
mesmos/as se encargan día a día de demostrarnos que elixen e deciden xogar sen
ter para nada en conta o seu xénero, rompendo así cos estereotipos que
perpetúan a desigualdade dende idades ben temperás.
Nas
fotos que podedes ver a continuación reflíctese claramente o que comentamos ata
o momento.
Por
outra parte tamén queremos resaltar que estivemos traballando algún que outro
conto, xa que estes ademais de ser instrumentos fundamentais para transmitir
valores como por exemplo a amizade ou a colaboración, ás veces tamén se
converten en transmisores de modelos de comportamento en igualdade, ou non, de
xénero.
Nesta
ocasión para abordar dita temática escollemos algúns contos de Adela Turín,
pois esta autora destaca pola súa gran implicación en intentar erradicar as actitudes
sexistas e discriminatorias e por defender unha perspectiva de igualdade. Os
contos seleccionados foron: “Rosa Caramelo”, “A historia dos bonobos con
lentes”, e “Artur e Clementina”. Outro dos contos traballados tamén foi “O
libro dos porcos” de Anthony Browne.
De
todos xeitos, cabe sinalar que ademais de ditos contos existen moitos outros
igual de axeitados para abordar dita temática como por exemplo:
Dende Educación Infantil
queremos deixar ben claro que todos os nenos e nenas estamos en contra de
calquera tipo de violencia, e que pretendemos loitar por formar parte dunha
sociedade onde prime a igualdade independentemente do xénero ao que se pertenza.
Me encantan las fotos, buen mensaje sobre la igualdad. Siempre pasándolo bien estos niños!!
ResponderEliminar