Páxina

luns, 13 de novembro de 2017

Actividades SAMAÍN


Ola familias!

O alumnado de 6º de Infantil quere ensinarvos as actividades que máis lles gustaron do Samaín.

En primeiro lugar, como non, están os nosos robots. En este caso, tocoulle a quenda á robot Bruna que paseou por un cemiterio. Situándoa na entrada, cada nena e neno elixía un percorrido até chegar a personaxes coma pantasmas, vampiros, bruxas,... 






A segunda actividade favorita foi a visita á nosa biblioteca para contar a escuras (só cunha pequena lanterna) unha historia de medo. A historia foi inventada polos nenos e nenas a partir dun libro coma este:








Aproveitando a escuridade e a luz da lanterna xogamos un pouco coa sombras...





E a última actividade escollida foi a creación dun móbil con algunha das personaxes "míticas" do Samaín.




Saúdos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario