Boas
familias!
A
semana pasada un pequeno momento da xornada escolar de cada día estivo dedicado
á Ciencia, polo que durante algúns días fomos levando a cabo diferentes
experimentos.
Así
pois, o luns demos comezo coa astronomía e estivemos simulando o día e a noite.
Para iso, nun globo de cor azul pegamos os diferentes continentes, como se fose
a Terra, e cunha lanterna deixando a aula en penumbra, fomos iluminando as
caras do globo á medida que o facíamos xirar lentamente, observando así os
momentos do día (Amencer, Mediodía, Anoitecer e Medianoite) nos diferentes
continentes.
O
martes, estivemos experimentando coa química, e realizando diferentes hipóteses
sobre materiais que se disolven ou non na auga. Para iso, enchemos 3 vasos de
auga e en cada un deles botamos azucre, sal e area. Despois de hipotetizar que
materiais se disolverían e despois de remover puidemos ver que o sal e o azucre
son sustancias que se disolven na auga, mentres que polo contrario a area non
se chega a disolver.
O
mércores, estivo dedicado á bioloxía, polo que nos convertemos en
detectives e fomos polas diferentes
estancias do colexio en busca de pegadas de animais para poder identificalas.
O
xoves, dedicámolo á xeoloxía e estivemos simulando o interior das capas da
Terra cunha mazá. Para iso, cortamos unha mazá pola metade e unha das metades
premémola contra o tapón de tinta como se se tratase dun selo, e logo,
coidadosamente, volvémola premer contra un papel durante uns segundos. Logo
disto, con coidado retiramos a mazá do folio e observamos que a estampación
semellaba o interior da Terra.
Como
podedes observar nas fotos pasámolo moi ben realizando ditos experimentos e con
eles aprendemos moitas cousas.
Un
saúdo!
Que bien se lo pasan experimentando...!!!
ResponderEliminar