Ola
familias!
O
pasado venres celebramos os aniversarios dos nosos compañeiros/as Alexandra da
clase de 5º de E.I., e Martín da clase de 6º de E.I.
Así
pois, seguindo coa nosa tradición, para esta ocasión levamos a cabo un
obradoiro no que elaboramos uns sándwichs con queixo para untar aos que lles
engadimos tres ingredientes a maiores: marmelada de fresa; compota de mazá; e doce
de marmelo, este último debido a que é unha froita propia desta temporada que moitos
nenos/as descoñecían e que ao probalo a algúns/algunhas lles gustou moito.
Os
nenos e nenas de 4 e 5 anos foron os/as encargados/as do primeiro proceso da
elaboración, é dicir, de untar o queixo nas galletas e de poñerlle a marmelada,
a compota ou o marmelo, mentres que os/as de 3 anos se encargaron da última
parte do proceso: colocarlle as galletas por encima e decoralas con xarope de
chocolate.
Unha
vez rematados os sándwichs, baixamos ao patio onde lle cantamos o “Cumpleaños
Feliz” a Alexandra e a Martín, e logo disto demos comezo á degustación da nosa
elaboración.
Un saúdo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario