Bo día!!!
Como vedes, esta semana está sendo un pouco numérica... xa que vivimos nun mundo cheo de números que nos rodean por todas partes! Hoxe queremos proporvos que fagades unha torre. Podedes usar calquera material que teñades pola casa (caixas, coxíns, pezas, libros, xoguetes...) e facer unha TORRE O MAIS ALTA POSIBLE! Unha vez feita tedes que medila e despois pasamos os datos o papel... DEBUXADES A VOSA TORRE E ESCRIBIDES CANTO MIDE!!
QUEN FARÁ A TORRE MÁIS ALTA??
Se queredes, mandádenos a vosa foto, coa torre e o debuxo!!! Xa sabedes: estrelasbrancas@gmail.com
ÁNIMO!!!!
QUE EMPECE A OBRA!!!
UNHA APERTA GRANDE!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario