Hoxe queremos traervos un reto diferente, non obstante, igual de interesante... porque, sabedes? Dentro de moi pouco celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e tamén o DÍA DOS OCÉANOS... concretamente, o 5 e o 8 de xuño... Se mirades no calendario, veredes que xa queda moi pouco para celebrar estes dous días tan importantes. Todos debemos coidar o planeta onde vivimos, pero non só estes dous días senón TÓDOLOS DÍAS!
Dende o cole, preparamos unha serie de actividades para celebrar estes días e concienciar (nos) e concienciar a TODO O MUNDO da importancia de coidar a terra, o mar, a auga... e por eso, o reto desta semana ten moito que ver con esto... Vamos a lanzarvos unha pregunta... e tendes que mandarnos un pequeno video dándonos a resposta ... seguro que tendes moi claro que pasaría se...
POIS AHÍ O TENDES...
O RETO DESTA SEMANA...
QUE PASARÍA SE NO MUNDO SE ACABASE A AUGA?????
SEGURO QUE TAMÉN NOS PODEDES DAR ALGÚN CONSELLIÑO PARA QUE ISTO NON SUCEDA, VERDADE???
Pois ahí vos deixamos o reto desta semana. Esperamos os vosos vídeos... debuxos... dando resposta a esta pregunta ou tamén deixando algún conselliño para coidar este ben tan preciado entre todos.
A AUGA.
Esperamos a vosas respostas, coma sempre en: estrelasbrancas@gmail.com
Unha vez os teñamos todos, montaremos un vídeo para publicar no blogue e tamén en twitter e así axudar un pouquiño a concineciar sobre a importancia que a auga ten nas nosas vidas!
UN BICO FORTE!!!!!!
E para darvos ideas... podedes ver un par de vídeos interesantes...
Ningún comentario:
Publicar un comentario