Páxina

martes, 5 de maio de 2020

NOVA PROPOSTA PARA ESTA SEMANA!!! ⇦⇧⇨⇩

Que mellor que aprender xogando?? A través do xogo os nenos e nenas poden aprendelo todo!! Por iso esta semana vos propoñemos unhas actividades de orientación espacial onde os pequenos poden pasalo fenomenal!!

Primeiro deixámosvos unhas tarxetas para repasar os conceptos e a continuación... Uns xogos que podedes adaptar co que teñades na casa!! Así traballarán a dirección, a posición, a orientación... A través de xoguetes e flechas, así de fácil!



Por último elaboramos tamén un xogo interactivo para que podan facelo dende calquera dispositivo electrónico e disfrutar ao máximo!!! Deixámosvos aquí o enlace:


Esperamos que vos divirtades e sigades con moitas ganas de aprender!!
Non vos esquezades que con calquera dúbida podedes escribirnos ao correo!!

FELIZ MARTES CANGREXOS, ESTRELAS DE MAR E PEIXES ARCOIRIS

Ningún comentario:

Publicar un comentario