Páxina

xoves, 14 de maio de 2020



Ola ola!!!

Hoxe propoñémosvos un pouco de puntillismo nun papel de cociña!!!! Pasaredes un rato super divertido creando con rotus de cores, facendo puntos dec ores, seguindo o debuxo do papel...  e cando xa teñades a vosa obra... cun pouquiño de maxia... podedes convertela nunha fermosa bolboreta!

Veña, mans a obra e a crear!!!!!!

UNHA APERTA XIGANTESCA PARA TODXS!

PRECISADES:
- Un cadrado de papel de cociña.
- Rotuladores de cores.
- Unha pinza.

A pinza tamén podedes decorala, porlle olliños... o que se vos pase pola imaxinación... e para os máis atrevidxs... podedes ensinarnos esas magníficas bolboretas mandándoas ao noso correo: estrelasbrancas@gmail.com


BICOS, BICOS E MÁIS BICOS!!!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario