Páxina

xoves, 7 de maio de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA OU AS PITAS MOLLADAS


Ola un día máis a todxs!!!
   Esperamos que sigades ben e recordade, ante todo, que un día máis é tamén un día menos!!!!!

   Hoxe queremos deixarvos un traballiño para que deixedes voar a vosa imaxinación... No enlace atoparedes un pita. Representa o conto infantil de Ricardo Carballo Calero, o que este ano se lle adica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020. O que tedes que facer coa pita é o que vos apeteza ou vos suxira: colorear, pegarlle papeliños ou calquera outro material, facer grafo con ela e decorala con puntos, con raias, con formas xeométriacas, pintar con diferentes materiais ou ben debuxala, tamén podedes facela vós. TODO VALE!!! O importante é que a fagades como máis vos guste!!Unha vez feita mandándenola (antes do día 15 de maio), pois ese día o noso twitter do cole estará cheo de pitas molladas, de infantil e primaria,  que será a nosa pequena homenaxe a este autor.

PODEDES DESCARGAR A PITA NO ENLACE OU BEN, DEBUXALA VOS MESMOS!!!! Esperamos todas esas pitas con entusiasmo!!! 

https://drive.google.com/file/d/1TDspcXIDevqJlNii_RtlJzeCF4mNDEUD/view?usp=sharing





RICARDO CARBALLO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020


Un bico moi forte!


Ningún comentario:

Publicar un comentario