Hoxe queremos darlle a benvida o venres como se merece, cun VENRES DE CONTOS!!! Para iso traémosvos unha actividade moi divertida para que a ides precisar UN DADO e as plantillas que vos deixamos no enlace... e sobre todo MOITA MOITA IMAXINACIÓN!!!!!
AS PLANTILLAS ATOPÁDELAS PREMENDO NO LINK DE ABAIXO. SON COMO ESTAS... E TENDES VARIAS OPCIÓNS DE CONTOS.
TRÁTASE DE QUE TIREN O DADO 3 VECES, UNHA POR CADA COUSA QUE TEÑEN QUE ELEXIR, (personaxe, problema e escenario) e a partir de ahí, inventen unha historia. Axudádeos. Ides pasar un tempo moi divertido xuntxs inventando historias. Pasarédelo xenial dándolle renda solta a vosa imaxinación.
EXEMPLO:
- TIRO O DADO E SÁEME UN CATRO, polo tanto, o personaxe é unha nena.
- VOLVO TIRAR O DADO, SÁEME UN SEIS: o problema é que coñece a un extraterrestre.
- TIRO O DADO UNHA ÚLTIMA VEZ e sáeme un 1: o escenario é a granxa.
Pois agora que xa temos todo... toca inventar unha historia... Ahí vai a nosa...
ªHabía unha vez unha nena que saira de excursión a unha granxa, ía toda contenta pola mañá, quería ver moitos animais. Estaba entusiasmada por ver as galiñas, os porcos, as ovellas... por coller ovos, muxir a vaca, montar a cabalo... Ese día prometía ser inolvidable... e tanto que o foi... a granxa deparaba unha sorpresa enorme!!! Alí, ademais de porcos, galiñas, cabalos, coellos, patos, vacas e burros, coñeceu a algúen especial... Era pequeno, verde e tiña os ollos saltóns! Non, non era un grilo, era un extraterrestre! E moi divertido por certo. Chamábase Flopi e foi o encargado de enseñarlle a granxa enteira, pasárono xenial, merendaron xuntos, xogaron, correron cos cans e déronlle de comer os patos... montaron a cabalo... Ata que tocou despedirse, prometendo que outro día volvería a visitar a todos, incluído a Flopi, que se convertera nun amigo moi especial e nun secreto ... non llo digades a ninguén, eh!
E colorín, colorado, este conto xa está rematado!"
PERO TAMÉN PODE SER UN MINI CONTO SINXELO como:
PERSONAXE: 3 - UNHA AVOA
PROBLEMA: 5 - NON PODE VER
ESCENARIO: 4 - NO DESERTO.
UNHA AVOA SAIU A PASEAR POLO DESERTO, PERO FACÍA TANTA TANTA CALOR, QUE NON PODÍA VER E, SEN DARSE CONTA, PINCHOUSE CUN CACTUS !!! AAAIIIII, QUE DOR!!!! TEN COIDADO AVOIÑA, CANDO SAIAS DE PASEO. USA LENTES PARA O SOL E VAI A MODIÑO... QUE TE PODES FACER DANO!
COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO!!!
AGORA É O VOSO TURNO, ATRAVÉDESVOS??? PODEDES ACCEDER A MÁS PLANTILLAS PREMENDO NO LINK!
UN BICO DE CORES!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario