Páxina

martes, 27 de marzo de 2018

Na búsqueda da canción protesta


O venres 23 de marzo demos por rematado o 2º trimestre, e a modo de despedida, no colexio organizamos unha actividade que levaba por título “NA BÚSQUEDA DA CANCIÓN PROTESTA”. Dita actividade consistía en superar un conxunto de xogos cooperativos, concretamente 5, polos que irían rotando os diferentes grupos para acadar as 5 partes dun crebacabezas no que, ao xuntalo, se desvelaba a imaxe dalgunha canción protesta.
Para levar a cabo esta proba organizámonos en 5 grupos, e a cada grupo foille asignada unha canción diferente:
1º grupo: 4º de infantil con 6ºB. Nome da canción: “No nos moverán” (Joan Baez)
2º grupo: 5º de infantil con 5º. Nome da canción: “Fuxan os ventos” (Fuxan os ventos)
3º grupo: 6º de infantil con 3º. Nome da canción: “Alfonsina y el mar” (Mercedes Sosa)
4º grupo: 1º con 4º. Nome da canción: “Al alba” (Luis Eduardo Aute)
5º grupo: 2º con 6º A. Nome da canción: “Maters of war” (Bob Dylan)
Ao finalizar cada xogo, o grupo recibía unha peza do crebacabezas.
Os cinco xogos levados a cabo en diferentes instancias do centro foron os seguintes:
1.    Ximnasio: “Encestar as pelotas”: todos de pé ao redor do paracaídas suxeitándoo polas asas intentabamos encestar as pelotas que se colocaban enriba, axitando a tela para que se movera e as pelotas entrasen polo buraco do medio.






2.    Aula Depoemprende: “Pasar polo aro”: todos/as formamos un gran círculo agarrándonos das mans e intentando que un ou varios aros pasasen dun extremo ao outro do círculo. Para iso, tiñámonos que mover de xeito que os aros pasasen polos nosos corpos e avanzasen ata o compañeiro/a que tiñamos ao lado sen soltarnos das mans entre nós.



3.    Aula de música: “Sillas musicais cooperativas”: formamos dúas rodas con sillas (unha por neno/a), e mentres que escoitabámos a música moviámonos ao redor das sillas. Unha vez que a música deixaba de soar, tiñámonos que sentar nas sillas, ou no colo dos compañeiros/as pois a medida que se ían quitando sillas ninguén quedaba eliminado/a.






4.    Corredor do 1º andar de primaria: “Orde de altura”: o xogo consistía en colocarse por orde de altura, dende o/a máis baixo/a ata o/a máis alto/a.




5.    Aula de A.L: “Labirinto de cordas”: neste xogo tiñamos que pasar por encima  dun labirinto de cordas que había no chan collidos das mans e pisando só nas cordas, mantendo o equilibrio.



Unha vez que cada equipo conseguiu as pezas do seu crebacabezas e o montou, reunímonos na aula de música para poñelos en común e escoitar un pequeno fragmento das cancións protesta.




Foi unha actividade na que o pasamos moi ben, e o máis importante, na que demostramos sen dúbida algunha que sabemos cooperar uns/unhas cos outros/outras para chegar ao noso obxectivo final!



Ningún comentario:

Publicar un comentario