Ola de novo a todos e a todas,
Aquí estamos outra vez para compartir convosco o último día de CONTACONTOS do segundo trimestre na aula de 3 anos. Nesta ocasión tivemos unha visita dobre, a de Patricia (mamá de Borja) e Lorena (mamá de Desirée).
Patricia, Lorena, Borja e Desirée quixeron compartir connosco unha historia moi especial titulada Quérote (case sempre). A quen non lle ocorreu que, en ocasións, unha mesma característica dunha persoa ás veces gústanos e outras, pola contra, moléstanos? Moi atentos dispuxémonos a escoitar a historia, con gran curiosidade por ver como os seus protagonistas, Lolo e Rita, lograban chegar a un consenso ante as súas diferenzas.
Pero imaxinarvos a nosa sorpresa cando, ao pronunciar o nome de Lolo, este pequeno e misterioso bicho bóla apareceu na nosa clase.
Pero pensades que Lolo viña só? Diso nada, acompañábao a súa inseparable amiga Rita, un inquieto e brillante lucecú.
Agora que xa estabamos todos, que comece a función!
A pesar de que ao longo da historia Lolo e Rita danse conta de que entre eles existen numerosas diferenzas e mesmo chegan a enfadarse por iso, ambos deciden que estas non van ser un motivo para separarse e buscan, en todo momento, a maneira de entenderse e respectarse xa que...
...a pesar de ser tan diferentes... QUÉRENSE MOITO!
Antes de marcharse, Patricia e Lorena, xunto cos protagonistas da historia, Lolo (Borja) e Rita ( Desirée), quixeron darnos outra sorpresa e regalarnos un pequeno e misterioso bicho bóla e un divertido e brillante lucecú, para que non nos esquezamos e sempre teñamos presente a súa importante mensaxe.
Moitas grazas Patricia e Lorena polo voso tempo e colaboración,
e por mostrarnos o máxico efecto dos polos opostos.
Esperamos que gozásedes tanto da visita como nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario