Coma este mes xa non hai máis contacontos, aquí vos deixamos as fotos das familias que nos visitaron en marzo.
Estivo Rosi, nai de David, que nos contou dous libros: "Matías y las maravillas", acompañado dun mapamundi que nos permitiu localizar as fermosísimas marabillas do mundo, e "Tangram Gato". Ademais, regalounos un caixa cun tangram para a clase xunto con moitísimas imaxes para facer. Grazas Rosi!
Tamén veu Maica, nai de Nico, que nos fixo un libro sobre os incendios dos bosques, regalounos unhas semillas que plantamos coa súa axuda e puxo a erupcionar un volcán!!!!!!!! Que medo!
Grazas Maica!
E, por último, Miguel! outro papá que se animou! Xunto con Bruno, léronnos un libro sobre os océanos, pero non se trataba de calquera libro, para ver os seus debuxos, necesitabamos introducir algo nel... pero iso o deixamos para nós...jojo
Grazas Miguel!
Apertas
Eu paseimo moi ben, con ganas de volver! Grazas pola invitación.😉
ResponderEliminarGrazas a ti por vir!!!
ResponderEliminarGrazas a vós por permitirnos participar! Encántanos!!
ResponderEliminar