Ola familias!
O pasado 8 de
marzo conmemorouse o Día Internacional da Muller, e dende o colexio non
quixemos deixar pasar esta ocasión para renderlle homenaxe a algunhas das
mulleres que destacaron pola súa relevancia na sociedade ao longo de todos os
tempos.
Para iso, cada
curso levou a cabo un traballo de indagación acerca de diferentes mulleres que
ao longo da historia lograron ser o que querían ser grazas ao seu empeño, o seu
esforzo e as súas ganas, converténdose así en modelos a imitar. Posteriormente,
en cada aula levouse a cabo a selección de catro mulleres pertencentes a un dos
seguintes ámbitos: política, cultura, deporte e ciencia e realizouse un póster
nos que se reflectiron ditas personalidades así como a súa contribución á
sociedade.
No caso de
infantil, cada aula centrouse en seguir afondando máis acerca das mulleres que
traballamos con motivo do Día Escolar da non Violencia e da Paz (Wangari Maatthai, Jane Goodall, e Berta Cáceres), todas elas un
símbolo e exemplo de Revolución Pacífica a favor da defensa do medio ambiente
así como dos dereitos humanos.
Dende aquí
invitámosvos a que vos pasedes polo edificio de primaria, onde se atopan
colocados todos os pósters, para poder ollar e gozar do resultado de tanto
traballo.
Un saúdo.
hola, en que horario se pode visitar? Grazas.
ResponderEliminarBoas, podedes visitala aproveitando que traedes ou vides a recoller a vosa filla ou fillo. De todas formas, cando estea rematada (aínda lle faltan algúns detalliños) seredes informadas cunha nota que vos animará a vela! Saúdos
ResponderEliminarGrazas pola información. Saúdos!!!
ResponderEliminar