Ola de novo familias,
Nesta entrada queremos compartir convosco o terceiro día de CONTACONTOS na aula de 3 anos. Nesta ocasión visitounos Vanessa, a mamá do noso compañeiro Mateo.
Vanessa e Mateo viñan decididos a compartir connosco unha historia sorprendente que comezaba cunha gran pregunta:
A que sabe a lúa?
Sen dúbida, era unha cuestión complicada e a verdade é que nós non o tiñamos moi claro así que, moi expectantes e intrigados, dispuxémonos a escoitar a historia que Vanessa e Mateo tiñan preparada. Unha vez repartidos todos os personaxes, xa estabamos preparados para comezar, aínda que chegar á lúa non ía ser unha tarefa fácil nin moito menos, e máis cando, a pesar de todos os nosos esforzos, ela afastábase cada vez, un chisquiño máis.
Precisamos de moito traballo en equipo e da colaboración de oito animaliños curiosos: a tartaruga, o elefante, a xirafa, o león, o raposo e o mono, que fixeron de escaleira para que, finalmente, o pequeno ratiño puidese chegar á lúa e... dunha dentada, arrarcar un anaquiño.
Queredes saber a que sabía finalmente a lúa? Pois a verdade é que non chegaron a un consenso, a cada un sóubolles a aquilo que máis lles gustaba.
Vaia sorte!
Pero iso non é todo, xa que Vanessa e Mateo tiñan preparada unha gran sorpresa para nós: trouxeran con eles unha lúa igualiña á do conto, branca, relucente e rodeada de estrelas. Agora poderiamos comprobar, nós mesmos, o misterioso sabor a lúa.
Cada un de nós agarramos con forza unha estrela e... preparados, listos...SORPRESA!
Para nós a lúa ten un sabor moi pero que moi doce.
Moitas grazas Vanessa pola túa colaboración e o teu tempo,
e por levarnos contigo de viaxe ata a lúa.
Esperamos que gozases tanto da visita como nós.
Sin duda fue una gran experiencia!!! Sois maravillosas y de lo más dulce!! Muchísimas gracias!!!
ResponderEliminar