luns, 7 de novembro de 2016

Festival de Outono. Así celebramos o Samaín e o Magosto



Ola familias! Nesta entrada veredes como de ben o pasamos no Festival de Outono. O Equipo de Actividades Complementarias tivo a gran idea de celebrar estas conmemoración cun xogo que implicase a todo o centro. Así, os/as máis pequenos/as da escola xuntámonos con grupos máis maiores para favorecer os vínculos e a convivencia entre as diferentes aulas. Foi moi emocionante xogar cos maiores! O xogo consistía en cinco probas cooperativas grazas as cales, despois de superalas, nos daban unha peza dun crebacabezas misterioso. As probas celebrábanse en diferentes sitios do colexio, polo que nos permitiu coñecer lugares que non sabiamos que existían!
De seguido tendes dous vídeos similares: pinchando en "Festival de Outono", un de maior calidade pero que igual vai máis lento, e a continuación, un de peor calidade pero que carga máis facilmente.

video


E despois de pasar as probas e ter as 5 pezas, montamos o crebacabezas e apareceu,,, unha película con casa encantada incluída! Pero... como se chamaba? Tiñamos as letras que formaban a película e grazas a colaboración dos maiores puidemos facer o seu título.
Para rematar, xuntámonos todos os grupos na aula de música que estaba terrorífica e amosamos todos os crebacabezas e os demais intentaron adiviñar os títulos das pelis. Foi incrible!
















Pero o día non acabou aquí! Despois tocou tempo de Magosto. Cada aula co seu cucurucho preparouse para saborear as ricas castañas que se ocuparon de asar dende a ANPA. Grazas! Estaban deliciosas. E, como non, cantamos todos/as xuntos/as a canción que nos ensinou a nosa mestra de música, Ángela. Podedes ver o vídeo do baile pinchando en "Magosto".



























Por último deixámosvos imaxes de toda a decoración que, grazas á vosa participación, quedou terrorificamente ben.

































Por certo, o sorteo das cabazas farase en breve! Realizarémolo no primeiro programa de radio deste curso escolar. Que nervios!

Ningún comentario:

Publicar un comentario