luns, 17 de outubro de 2016

Cousas da escola


Boas de novo!

Subimos tamén o minifolleto que vos demos na reunión por se se perdera, mollara,...



Saúdos

Merendas

Boas!!!!

Hoxe colgamos no blog o calendario de merendas que aconsellamos seguir xa que AXUSTA O TEMPO DA MERENDA entre os nenos e as nenas e EVITA caer no abuso de doces envasados cheos de azucre, grasas innecesarias,...


Ademais, aproveitando a ocasión, queremos recordar que o feito de que o venres sexa libre non debe supoñer que os nenos/as, TODOS OS VENRES, merenden larpeiradas... e se probamos, por exemplo, cos froitos secos?

Por outra banda, sería de moito interese que as merendas foran preparadas coa axuda dos nenos/as, falando do que lles gusta, do que teñen que levar segundo o día,... así os nenos/as gozan dun tempo de calidade coas súas familias e, no cole, evitamos os "esto no me gusta"...

E xa para rematar esta entrada recordamos A IMPORTANCIA DO ALMORZO antes de vir o cole. Cómpre almorzar todos os días para conseguir un óptimo rendemento físico e intelectual, para mellorar a capacidade de atención e para estar máis forte.

O almorzo debe compoñerse de, alomenos, 4 destes grupos de alimentos:
- Hidratos de carbono e fibra: pan, cereais, mel, marmelada, cacao,...
- Lácteos: queixo, leite, iogures,...
- Froita: zume (naturais), batidos, macedonia,...
- Proteínas: ovo, fiambre,...
- Aceite e grasas: mantequilla e aceite de oliva.

Recordade que todo o que vos dicimos é polo ben das vosas fillas e fillos!
Saúdos


xoves, 13 de outubro de 2016

Benvida de 6º


Os alumnos e alumnas da clase de 6º curso (que temos nova titora, MÓNICA!!!) tamén nos sacamos unhas fotos os primeiros día de cole con accesorios que nos deixou Ángela:










Saúdos

Información básica

Boas tardes!!

As profes de Infantil pensamos que sería unha boa idea colgar tamén no blog a información dada nas reunións así coma os avisos/documentos/... que vos enviamos no "SOBRE VIAXEIRO". Empeza a profe de 5º curso colgando o Power Point da reunión xunto cos videos que fixeron os nenos e nenas para amenizar dita reunión:





















Saúdos

mércores, 12 de outubro de 2016

Que pensas do cole?


Boas de novo!

Os alumnos/as de 5º curso de Infantil fixemos estes videos durante os primeiros días do cole coa intención de sacarvos unha sonrisa...























Novo intento...



E tamén nos sacamos algunhas fotos con accesorios que nos deixou a profe Ángela:







Saúdos

Período de adaptación


Comezan unha nova etapa os nosos alumnos e alumnas máis xoves de Infantil. Aquí vos deixamos unhas fotos dos primeiros días de clase:



E aquí unhas fotos de todos/as coas profes!!








Xa estamos aquí!!!!!

Boas!

Como xa vos dixemos na reunión, este ano retomamos o blog e, coma primeira entrada, novamente, presentamos as mestres deste ano:

Titoras:

De esquerda a dereita: Mamen (titora de 4º), Yanira (5º) e Cristina (6º).
Especialistas:

De esquerda a dereita: Ángela (Música), Estrella (Psicomotricidade e apoio) e Gloria (Inglés)
*Non nos esquecemos de Andrea, mestra de Relixión e secretaría do centro.