xoves, 25 de marzo de 2010

Os Marco xa temos prantas!!!


Esta semana tivemos unha sorpresa moi agradable! Cando chegamos o luns á clase xa tiñamos dúas prantas que naceron das fabas que puxeramos na terra. Estamos moi ledos porque os nosos coidados están funcionando.

martes, 23 de marzo de 2010

A PINACOTECA II
















OS GUGGENHEIM CONTINUAMOS COA CREACIÓN DA NOSA PINACOTECA, AQUÍ VAI A SEGUNDA PARTE...







luns, 22 de marzo de 2010

OS LOUVRE E PAULO, O FILLO DE PICASSO

O outro día a profe contounos que Paulo era o fillo de Picasso e Olga Koklova, unha simpática bailarina que o artista coñeceu en Italia.


Resulta que a Picasso gustáballe moito o circo, e un día retratou ó seu fillo Paulo, vestido de arlequín.

A verdade é que o cadro quedoulle ben bonito...








Nós decidimos pintar tamén ese cadro.



Collemos unhas témperas, uns pinceis, e puxémonos mans á obra...






Que vos parece o resultado?

PERO QUE BEN PINTAMOS!!!





xoves, 18 de marzo de 2010

OS GRANXEIROS DO PRADO


Como xa sabedes temos un horto escolar onde plantamos amorodos. Imos preparar feixóns para meter na terra. De momento os puxemos en algodón e imos contemplando como xerminan e medran. Tivemos na clase unha bananeira. Investigamos as flores, os froitos, etc. Na merenda falamos da importancia de comer froitas e verduras. "Si non queres quedar anano ti comeras moito platano"


sábado, 13 de marzo de 2010

PINTURAS CASEIRAS

Os MoMA descubrimos que @s primitiv@s foron @s primeir@s que fixeron pinturas. Nos quixemos imitalos e fabricamos as nosas pinturas caseira. Para facelo empregamos : engrudo ( unha masa de fariña triga e agua ) como aglutinante e colorante de pastelería, como pigmentos.
Logo nos embadurnamos as mans e deixamos coma firma, a nosa pegada.

PRANTANDO TOMATES

Os MoMA descubrimos estes días que xa é tempo de cultivar, así que decidimos poñernos man o traballo, prantando, a modo de proba, uns tomates... ( xa vos contaremos o resultado ).

venres, 12 de marzo de 2010

Os louvres agricultores!!

Esta semana os louvres estivemos plantando, e o certo e que estamos aprendendo moito. Comezamos por prantar tomates, o que foi super divertido, e agora temos unha tarefa máis, xa que temos que controlarlle a auga, e estar moi pendentes da nosa plantación... E ademais, fomos a horta de infantil, e plantamos amorodos!!

Esperamos que saia algo que xa estamos desexosos de ir vendo os resultados!!!!


Mirade que ben o fixemos !!!!

xoves, 11 de marzo de 2010

CANTO APRENDEMOS OS MARCO!!!

Esta semana comezamos as plantacións.
O luns, fumos a remover a terra e sacar malas herbas.
O martes plantamos en clase tomates e fabas, pero como non sabiamos facelo moi ben fixemos varias probas e plantamos un tomate enteiro e dúas mitades unha cara abaixo da terra e outra cara arriba, cal sairá? As fabas plantámolas en algodón e en terra, xa veremos que pasa!
E o mércores, por fin, fumos plantar os amorodos á horta.
Estamos aprendendo un montón!!!
Conectade os altofalantes e gozade deste video:

luns, 8 de marzo de 2010

AS OLIMPIADAS DOS PRADO E OS MARCO

Os Prado e os Marco, na aula de psicomotricidade estivemos a reflexionar sobre as diferentes formas de desprazarse que teñen os animais. Fixemos unha asemblea moi interesante, xa coñecemos moitos animais, sabedes? Algúns saltan, outros corren, outros arrástranse polo chan...
Ó final xogamos a que eramos animais e botamos carreiras...
Mirade que ben o pasamos!


SOMBRAS CHINESCAS

OS GUGGENHEIM ESTIVEMOS A TRABALLAR O CONTO DOS TRES PORQUIÑOS EN TEATRO DE SOMBRAS, ESTA ACTIVIDADE GUSTOUNOS MOITO POIS APRENDIMOS UNHA CHEA DE COUSAS SOBRE A POSICIÓN DA LUZ E OS OBXETOS, E SOBRE A DRAMATIZACIÓN DO CONTO. COMO MOSTRA VOS DEIXAMOS UNHA DAS NOSAS REPRESENTACIÓNS, ESPERAMOS QUE GOCEDES TANTO COMA NÓS.

domingo, 7 de marzo de 2010

O PASPALLÁS NO PRADO


Carla xunto a súa avoa fixo un biscoito e compartímolo na clase. Contóunos que tiña: ovos de galiña e de pasapallás, fariña e azucre. Como non sabíamos que era un paspallás, coa axuda da súa nai e a súa avoa, o trouxo a clase. Pobre animaliño¡ estaba tan asustado coma nós alporizados. Cós ovos experimentamos: dureza, cor da cáscara, tacto, etc. Escachamos un e comprobamos cómo é un ovo por dentro.

xoves, 4 de marzo de 2010

NÓS TAMÉN PINTAMOS

Onte gozamos dunha clase moi especial. Tivemos con nós a unha pintora de verdad e con ela aprendimos como hai que empezar a facer un cadro. Vede que ben o fixemos: