venres, 4 de novembro de 2016

A CARACOLA TOLA xa está de volta!


Boas!

Hoxe, as nenas e os nenos estrearon as mochilas da CARACOLA TOLA. Fumos á biblio e cada neno/a colleu o libro que quixo. Ese libro pasará a fin de semana con vós e será devolto o luns, "lido", para facer unha pequena actividade. Esta dinámica repetirase todas as semanas co gallo de que os nenos e as nenas "lean" a maior cantidade de libros da biblioteca do seu cole.

Para que entendades un pouco máis... Cada libro da biblio (zona de infantil) está rexistrado cunha estrela amarela que contén un número. Cada libro ten o seu sitio marcado cunha fotocopia da portada. Os nenos e as nenas, despois de botarlles unha ollada, collen o libro que queren e no seu lugar deixan o seu CARNÉ DA BIBLIOTECA. Este carné contén, na parte traseira, unha táboa con todos os números dos libros que hai na biblio. Cando escollen un libro, téñense que fixar no número que aparece na estrela, procuralo no carné e pegarlle por riba unha pegatina. Desta maneira, levamos todos e todas un bo control dos libros vistos/lidos.

Aínda que hoxe fumos a coller os libros da CARACOLA TOLA, a semana pasada xa estivemos na biblio lendo uns contos. Coma os nenos e as nenas de 3 anos non coñecían a biblio, a CARACOLA TOLA deixoulles unhas frechas azuis no chan marcando o camiño dende o noso edifico até a biblio!

Aquí unhas fotos da semana pasada:






















Saúdos

2 comentarios:

  1. Gracias polas fotos. Moi chulas! Noraboa polo traballo que facedes!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas! Os vosos comentarios anímannos moito a seguir traballando así.

    ResponderEliminar