luns, 21 de decembro de 2009

VISITA A CORREOS

Moi pronto chegaravos a casa unha sorpresiña. Estade atentos ao buzón, porque nós xa fumos enviar as cartas.



Se pinchades na presentación poderedes descargar as fotos.

venres, 18 de decembro de 2009

COUSIÑAS DO NADAL

Como xa sabedes o Nadal está aquí e os amig@s do Marco estamos a preparar unhas sorpresiñas que pronto chegarán á vosa casa.
Tamén tivemos unha visita de alguén moi especial: o paxe real! que recolleu a nosa carta para os Reis Magos. Estamos impacientes!



luns, 14 de decembro de 2009

CREA O TEU RETRATO

Eiquí estamos outra vez @s do Museo do Louvre para ensinarvos os nosos retratos. Chegaremos a ser tan famosos como Vincent van Gogh!!!

Queres aprender??? Pois... moi atent@.





PRIMEIRO, HAI QUE DOCUMENTARSE...






A CONTINUACIÓN, TRABALLAMOS CON LÁPIZ PERFILANDO O BOCETO DA NOSA OBRA. QUE BEN QUEDARON!!!
IMOS REPASAR CON ROTUS.












E POR FIN, DARLLE COR COAS CERAS BLANDAS E ENGADIR OUTROS DETALLES.













OBSERVA O RESULTADO E ALUCINA... ATA OUTRA!!!



domingo, 13 de decembro de 2009

OS MOMA CONTAN CONTOS

O outro día na clase dos moma estivemos contando contos. Cada un elixiu o seu conto favorito e contoullo ós compañeiros da clase...
Foi moi divertido!

sábado, 12 de decembro de 2009

OS PRADO MEDRAMOS E PROBAMOS

video

DESCUBRINDO DIFERENTES PERSPECTIVAS

Os Moma puxémonos " man en foto " e comezamos a descubrir como se ven as " nosas creacións " dende diferentes perspectivas. O traballo non foi sinxelo, xa que tivemos que ter en conta, non só, a altura senon tamen as nosas mans.

xoves, 3 de decembro de 2009

SOMOS CIENTÍFICOS

A MALETA TAMÉN CHEGOU A CLASE DOS GUGGEM E AQUI ESTÁ O NOSO PRIMEIRO EXPERIMENTO, ESPERAMOS QUE O DISFRUTEDES TANTO COMA NOS

A CIENCIA TAMÉN CHEGOU Á CLASE DOS MARCO...

... e con ela a familia de Natalia que nos transportaron directamente ao espacio. Se vos apetece viaxar con nós, non vos perdades o seguinte video.

OS PRADO NO XIMNASIO

O outro día no ximnasio fixemos un circuito. Era moi difícil, pero que ben o fixemos!

xoves, 26 de novembro de 2009

A CIENCIA NA CLASE DO LOUVRE

Á clase do Louvre tamén chegou a maleta científica, e os primeiros científicos foron Nano e a súa mamá Cris. Esto foi o que pasou:

TRUFAS DE CASTAÑA

ÓS AMIGOS/AS DA CLASE DOS GUGGEMHEIM QUE XA LEVAMOS A MOCHILA VIAXEIRA ENCANTOUNOS O LIBRO DE COCIÑA POLO QUE O PROFE DECIDIU FACER UN TALLER PARA QUE TODOS COCIÑASEMOS , A RECEITA ESCOLLIDA FOI "TRUFAS DE CASTAÑA".

QUE RICAS NOS SAIRON!!!


MARCO NO XIMNASIO

"ÓS MARCO" ENCÁNTANOS A CLASE DE PSICOMOTRICIDADE , QUE BEN O PASAMOS COA CAMA ELÁSTICA!!


martes, 24 de novembro de 2009

OS MOMA E A CIENCIA

A primeira semana da maleta científica tocoulle a Uxía, e isto foi o que fixo na clase coa súa mamá.


CIENCIA NA CLASE DOS PRADO

Xa podedes ver o ben que o pasamos co volcán que fixo Lidia cos seus pais!

sábado, 14 de novembro de 2009

CHEGOU O OUTONO Á CLASE DOS MARCO!

Estabamos tan entretidos con isto dos retratos que non reparamos en que algo estaba a acontecer.
Ata que un día...
- Pero, que é isto? Está a chover
- Necesito botas e paraugas!
- Que frío vai!
- Mira as árbores! Cambiaron de cor!
- E todas estas follas no chan?


CHEGOU O OUTONO!!!

MAGOSTO

O magosto chegou ao cole! O venres o celebramos no cole, primeiro cuns xogos tradicionais logo cunha boa comilona, e por último cantanco todos xuntos. O pasamos así de ben!

Pinchando na imaxe poderás acceder ao álbum para descargar as fotos.
E se queres ver máis preme aquí para acceder á páxina web do cole!

mércores, 11 de novembro de 2009

O MAGOSTO ESTÁ EIQUÍ... XA CHEGOU, SI!!!




Este ano, o MAGOSTO chega á clase dos LOUVRE da man de Alba, a nosa profe en prácticas.

Resulta que Alba ten unha amiga, A CASTAÑA KATARINA. Escoitara falar moito de nos e quería coñecernos. Enviounos un conto moi, moi divertido.





Tamén, deixounos unha sorpresa moi ben agachada pero como somos grandes descubridores, atopámola enseguida.





Eiquí, estamos moi concentrados lendo a súa mensaxe e tentando de adiviñar que habería dentro da caixa.




Katarina propúxonos confeccionar o "LIBRO DO MAGOSTO" onde todas e todos podemos participar e facer as nosas aportacións en familia.






E por que non facer unhas cestiñas para levar as castañas??
Somos grandes artistas e ademais reciclamos e reutilizamos diversos materiais.
<

domingo, 8 de novembro de 2009

OS MoMA PINTAN ROSAS DO MAR

Os MoMA seguindo o particular estilo de Maruja Mallo, creamos as nosas pinturas unindo elementos frorais e elementos do mundo mariño. Para crear as nosas obras empregamos diferentes técnicas:


pintamos con lapis de cor



pintamos con rotulador



difuminamos cera graxa




Esta foi a nosa obra:






martes, 3 de novembro de 2009

OS PRADO BUSCAN FOLLAS

Buscamos follas para facer un traballo sobre o outono. Entre folla e folla Anxo Besada cumpriu os 3 anos.Tamén celebramos o Samaín coa cabaza que nos truxo a avoa Maria.


A NOSA PRIMEIRA SAIDA


Foi moi emocionante sair do Cole todos xuntos. Camiñamos dabondo, e chegamos moi cansos pero mereceu a pena. Os Prado podemos con todo!

xoves, 29 de outubro de 2009

OS RETRATOS DO MARCO

Ola amig@s!!!
Temos que contarvos un montón de novas, como por exemplo, que a semana pasada nos chegaron a clase un montón de retratos de xente descoñecida e un pendente.
E aínda que nos puxemos a investigar non atopamos o outro. Pero xa sabemos que pertence a unha chica moi guapa chamada GIOCONDA.
Así que decidimos que nós tamén queríamos os nosos retratos e buscamoa a forma máis fácil de facelo, así que collimos unha cámara e....





E despois de todo isto decidimos que o mellor sería montar unha perrucaría para saír guapos e guapas nos retratos que nos faremos máis adiante, o nome era doado de escoller:

MICIFÚ NO MULTIUSOS

O martes todos @s amig@s de infantil, fumos ao multiusos de Chapela a gozar co conto "Micifú e os seus amigos". Aínda que chegamos ao cole un pouquiño cansos e algúns dos mais pequenos asustámonos un pouco durante o conto, pasámolo moi ben e xa esperamos a seguinte saída.