luns, 31 de maio de 2010

XOGAMOS A DAR UN PASO POR CADA GOLPE

Os Guggemheim estivemos a traballar o noso sentido do ritmo xogando cun instrumento musical: o pandeiro.

Primeiro fixemos unha asemblea e estivemos a falar sobre as nocións temporais "rápido-lento”. Algunhas das nosas conclusións foron: que para ir rápido é mellor ir correndo, e para ir lento é mellor ir andando; e que as tartarugas son lentas e os cabalos poden correr moi rápido, etc...

A continuación a profesora explicounos o xogo: un amigo ou amiga subía a unha cadeira e tocaba o pandeiro, algunhas veces máis lento e outras, máis rápido. Os demais tiñamos que dar un paso por cada golpe de pandeiro. Cando paraban os golpes, tiñamos quedar quietos como estatuas.

Pasámolo estupendo. Mirade o vídeo.

video

domingo, 30 de maio de 2010

O TRABALLO DOS MARCO

O curso está a piques de rematar, mentres pasaba crecimos e aprendimos moito é por iso que nós xa somos quen de traballar en equipo. Mirade, mirade:
video

venres, 21 de maio de 2010

OS PRADO RECOLLEN AMORODOS

ESTIVEMOS NO HORTO PARA REGAR E QUITAR AS MALAS HERBAS. CAL FOI A NOSA SORPRESA QUE NOS ATOPAMOS COS AMIGOS-AS DA CLASE DE SEGUNDO DE PRIMARIA. TRABALLAMOS TODOS XUNTOS. FOI UNHA EXPERIENCIA DIFERENTE. A PROFE PURI CONTOULLE A YAIZA QUE LLE DERA CLASE O SEU PAI. LOGO RECOLLIMOS AMORODOS E XUNTO OS QUE TRUXO CARLA DO SEU HORTO MERENDÁMOLOS.

OS MOMA SOMOS ESCULTORES

No día do libro estivemos a traballar con "Alicia no pais das maravillas". Gustounos tanto que decidimos intentar facer unha escultura de Alicia. Tivemos que planificar ben o noso traballo e colaborar tod@s. Primeiro fixemos as partes do corpo con boliñas de papel de periódico, despois as cubrimos con papel de cociña empapado con cola e auga. Para rematar a pintamos, decoramos o seu vestido e puxemos os seus ollos e o cabelo. Costounos moito facer a escultura e o que mais recoller todos os materiais cada día ó rematar... mánchase abondo ó facer esculturas. Mirade que simpática quedou a nosa queridiña Alicia.
video

xoves, 20 de maio de 2010

OS MARCO XOGAMOS Ó BALONCESTO

Sabedes que os Marco estivemos dando as nosas primeiras nocións de baloncesto?
Mirade que profesionais parecemos nas fotos:












A profesora explicounos que para xogar había que aprender a botar a pelota, algo que nos pareceu moi difícil, pero divertido.

Estivemos practicando moito, e xa (mmmmmm....case, case) nos sae. Mirade o vídeo.

video

mércores, 19 de maio de 2010

OS MOMA E UXÍO NOVONEYRA

Nestes días faláronnos dun escritor chamado Uxío Novoneyra ó que dedicaban o Día das Letras Galegas 2010. Axiña puxémonos a investigar na internet e a traballar coa pizarra dixital para saber mais deste escritor. Aprendimos moitas couas: que viviu no Courel, estudou en Lugo e en Madrid, que escribiu contos para nenhos...Con todo o que aprendimos fixemos un cartel informativo empapado de arte.
video

AS VIDRIEIRAS DOS MOMA

Na clase dos Moma estivemos moi atareados estes días. Temos ganas de que deixe de chover e chegue o solciño para quentarnos polo que fixemos unhas vidrieiras. Adornamos as nosas ventás para que o sol veña xogar coas cores. Mirade canto traballamos.
video

martes, 18 de maio de 2010

O MARATÓN

AQUÍ TENDES AS FOTOS DO MARATÓN. A PESARES DA CHOIVA O PASAMOS MOI BEN, E UNHA VEZ MAIS QUEDA DEMOSTRADO QUE O IMPORTANTE É PARTICIPAR.

O GALEGO ESTÁ NA META

Fai clic sobre a imaxe para acceder o álbum

MARATÓN

luns, 17 de maio de 2010

OS MARCO EN AeL

A clase dos Marco comezamos este trimestre coa clase de Audición e Linguaxe, onde a profe Vanesa traballa con nós un obradoiro de estimulación á linguaxe. Mirade que divertido:

venres, 14 de maio de 2010

ENTREGA DE DIPLOMAS DA MARATÓN

Mentres agardamos a ter todas as fotos do Maratón deixámosvos coa entrega de diplomas a todos/as os/as deportistas.

xoves, 13 de maio de 2010

ENTRENANDO PARA O MARATÓN

Xa non queda nada! Mañá é o gran día e nós xa temos todo disposto, mirade como entrenamos para facer a carreira!

mércores, 12 de maio de 2010

PLAYMAIS

ÁS VOLTAS COS MATERIAIS PARA ESCULPIR ATOPAMOS UN NOVO, AQUÍ TENDES A PLANIFICACIÓN E O RESULTADO DO TRABALLO, ESPERAMOS QUE O GOCEDES TANTO COMA NÓS
video

domingo, 9 de maio de 2010

OS PRADO TRABALLAMOS AS LETRAS

Cada día na asamblea un é o encargado. Logo traballamos as letras do seu nome. Falamos de temas do noso interese e investigamos cousas novas da arte. Podemos profundizar un pouquiño máis no museo do Prado coa vosa axuda. Vai a ser unha viaxe moi divertida! ánimo!

xoves, 6 de maio de 2010

VISITA AO MARCO

O alumnado de 3 e 4 anos gozamos onte dunha visita ao Museo Marco na rúa Príncipe, onde vimos unha exposición da fotógrafa Cándida Höfer que nos gustou moito. Aproveitando a saída paseamos pola rúa Príncipe, onde paramos a escoitar a uns rapaces que tocaban o arcodeón e fumos ver o Sireno. Mirade que ben o pasamos!

sábado, 1 de maio de 2010

OS GUGGEMHEIM CUBISTAS



Como sabedes, a semana pasada celebramos o día do libro, coa nosa exposición de "Alicia no país das marabillas", e a lectura do conto feita polos pais.

Os
Guggemheim, aproveitando que estamos a estudar o cubismo, pintamos un cadro de Picasso no que dúas nenas están a ler.

Antes de empezar a pintar fixemos un repaso das figuras xeométricas, e xa coñecemos moitas.

Mirade o vídeo.

video


A verdade é que ser un Guggemheim non é calquera cousa. Temos moito talento, e imos ser xente importante no futuro!!!

E para rematar, aquí quédavos unha mostra do noso traballo.