sábado, 30 de maio de 2009

CHAPUZADIÑAS CON AUGA

ESTAMOS DE NOVO AQUÍ TODA A RAPAZADA DE INFANTIL PARA QUE VEXADES ALGÚNS DOS NUMEROSÍSIMOS EXPERIMENTOS DE AUGA QUE FIXEMOS O LONGO DO CURSO....

venres, 29 de maio de 2009

O ANIMALARIO DAS ESTRELIÑAS
Nas últimas semanas as estreliñas vermellas andamos a traballar nun libro de adiviñas sobre animais... Temos que pensar moito na adiviña porque non é tan fácil... como parece!

martes, 26 de maio de 2009

OS DRAGÓNS DA LÚA NOVA

Dragoncio, Dragoncio... canto xogo nos deu. Olla o noso libro "OS DRAGÓNS DA LÚA NOVA" e disfruta coas nosas ilustracións. Tamén convertímonos en escritores de contos. Lee a nosa historia e deixanos o teu comentario.





Érase unha vez un dragón de pedra que vivía no cumio dunha alta montaña. Era un dragan grande e vermello.Nas súas patas, tiña moitos brazaletes con poder do cadrado.
Un día pola estrada que conducía ó templo, o dragón vermello divisou un coche que ascendía lentamente.
Cando aparcou na entrada do templo, baixou del un príncipe, ¡¡si!!, ¡¡si!!, un príncipe un pouco especial, porque este príncipe tiña nas mans unhas grandes luvas de cor marelo.
Entrou no templo e con moito agarimo preguntoulle ó dragón vermello:

- Dragón vermello, Dragón vermello, podo acariciar a túa cola?
- Por suposto que podes. A miña cola é moi suave e ademais ten maxia.

Así que o príncipe achegouse lentamente e posou as súas luvas marelas enriba da cola do dragón vermello.
De repente, ¡¡Chan, cha, chan!! O príncipe converteuse nun fermoso dragón marelo.
Os dous dragóns miráronse ós ollos e sorriron.
Entón o dragón marelo lle preguntou ó dragón vermello:

- Dragón vermello, queres casar comigo?
O dragón vermello respostoulle:
- ¡¡Si!!, ¡¡Si!!, ¡¡Si!!

Entón, os dous dragóns estiraron ás súas ás e moi xuntos emprenderon viaxe ata o Pais dos Templos dos Animais.

E COLORÍN, COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO



luns, 25 de maio de 2009

SOM@S ESCRITOR@S

O outro día estivemos a ver a foto de Dragoncio (que é o título da obra de títeres que funos a ver no multiusos o venres. Como non coñecíamos ningún conto de dragóns quisemos inventar un.
E como a profe di que xa nos valemos por nós mesmos non quiso axudarnos, así que sentámonos en grupos de catro e esto foi o que pasou:

domingo, 24 de maio de 2009

O CASULO

AS EIRUGAS XA FIXERON O CASULO E AGORA ESTAMOS A ESPERAR QUE SAIAN AS BOLBORETAS, TEMOS TANTAS GANAS!!!!!!!!!

Pensando no futuro ... se a miña profesión é ser ... ¡¡¡ ...... !!! ... ¿ a que estaría ... ?

sábado, 23 de maio de 2009

O GRAN DIA XA CHEGOU E COMO TODO O BO SOUBO A POUCO, AQUÍ ESTA DRAGONCIO E OS SEUS AMIGOS COS QUE PASAMOS UNHA MAÑÁ DE VENRES ESTUPENDA GRACIAS OS TITIRITEIROS DE BINEFAR , DE TÓDOLOS XEITOS OS TÍTERES CONTINÚAN EN REDONDELA SE QUERES VER O PROGRAMA PREME AQUÍ

xoves, 21 de maio de 2009

MOVEMOS O ESQUELETO

Hola de novo a todos!!!Somos as estreliñas do cole facendo psicomotricidade... Mirade que ben o facemos!!Somos uns verdadeiros atletas...


mércores, 20 de maio de 2009

DOUS DIAS


SE UNHA PISTA QUERES OBTER NA IMAXE TERÁS QUE PREMER

martes, 19 de maio de 2009

luns, 18 de maio de 2009

venres, 15 de maio de 2009

O GRAN DIA






POR FIN DESPOIS DUNHA LONGA CONTA ATRÁS CHEGOU O GRAN DÍA!!! AQUÍ NOS TENDES A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ LISTOS E PREPARADOS PARA O MARATÓN.





As estrelas vermellas imos cada semana á biblioteca da caracola tola e collemos un conto para disfrutalo durante o fin de semana xunto coas nosas familias...

Encántanos esta actividade porque coñecemos novas personaxes e novas aventuras...

Mirade, mirade...

martes, 12 de maio de 2009

MARATÓN

NO ALEXANDRE BOVEDA ESTÁMONOS A ENTRENAR PARA A CARREIRA QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO VENRES COS OUTROS COLES DE CHAPELA EN PROL DA NOSA LINGUA. A MARATÓN TERÁ LUGAR NO COLE DE LAREDO POIS CELEBRAN O SEU ANIVERSARIO. ESTAREMOS POR ALÍ A PARTIR DAS 10:00. ESPERÁMOSVOS!!!!!!!!!

venres, 8 de maio de 2009

AS ESTRELAS BRANCAS E OS VERMES

Aquí estamos as estrelas brancas estudando os vermes. Mira este video e verás que divertido é.

xoves, 7 de maio de 2009

As Nebulosas e os libros da Caracola Tola



Todas as semanas, as Nebulosas traballamos cos libros que collemos os venres na Biblioteca da Caracola Tola.
Gústanos moito ler así que esta actividade é das que máis gozamos. Ademais estamos aprendendo a facer resumes e buscar determinada información nos libros.

martes, 5 de maio de 2009

ADIVIÑAS DA LÚA NOVA


Para participar no proxecto de centro "UN UNIVERSO DE ADIVIÑAS", a LÚA NOVA inventou esta. Se eres quen de adiviñala, preme en comentarios e deixa a solución.

¿QUE LÚA, LUIÑA É...

QUE MEDRA, MEDRA E MEDRA...

"DECRECE", "DECRECE" E "DECRECE"

E DESPOIS... ¡¡¡CHAN, CHA, CHAN...

DESAPARECE?

venres, 1 de maio de 2009

XOGANDO COAS CIENCIAS

Hola a todos!!Somos as estrelas brancas e vermellas, as lúas novas e cheas e as nebulosas...Queredes ver o chachi que foi visitar o laboratorio??Pois aqui estamos!!!

Eu mido...

As estrelas vermellas comparamos a nosa estatura con EV3 e despois debuxámonos...
Aquí podedes ver o resultado... A que somos unhas estreliñas moi aqueladas?