mércores, 15 de novembro de 2017

martes, 14 de novembro de 2017

Festa do Smaín e do Magosto


Ola familias!

Este pasado venres celebramos a festa do Samaín e do Magosto.

Así pois, sobre as 9:30 h reunímonos todos na pista exterior, e demos comezo á primeira actividade chamada “Atopa a peza que falta na cabaza” que consistía en compoñer un crebacabezas cunha imaxe dunha cabaza. Cada titoría tiña que colocar unha das pezas que faltaba e ler unha frase que previamente escribiran en dita peza e na que se reflectía algunha das tradicións  levadas a cabo nesta festividade.











Seguidamente comezamos co repertorio de xogos populares que os nenos/as de 6º foron encargados de monitorizar. Como en anos anteriores, houbo diferentes xogos, concretamente sete: Petanca; Relevos con culleres; Comecastañas; Castelos con casulos; Raiolas; Chapas e Cordas. En cada un dos xogos os nenos/as permanecían durante un tempo de 10 min.


















































Unha vez rematados os xogos, pasamos a recoller as castañas que as familias asaran e dirixímonos ao cuberto do ximnasio para degustalas. 








Despois disto, todos os grupos volvemos a baixar ao patio para cantar e bailar a canción do Magosto que durante as semanas previas fora ensaiada nas sesións de Música, e con dita actividade deuse por rematado o festexo do Samaín e do Magosto.

Como podedes observar nas fotos, pasámolo moi ben durante dita xornada.

Saúdos!