domingo, 5 de xuño de 2011

SEÑOR MUNDO, DIGAME ... ?

O pasado mércores, 1 de xuño, os BACON disfrutamos, no VERBUM, dun recital de poesía, da man de La Factoria Teatro e ... o pasamos xenial ...


luns, 9 de maio de 2011

A FERRADURA

HOXE TATIANA TROUXO UNHA FERRADURA A ESCOLA, ASÍ QUE ESTIVEMOS MATINANDO CAL PODERÍA SER A SÚA HISTORIA E O FINAL DECIDIMOS ESCRIBILAS, PARA QUE POIDADES LÉELAS FIXEMOS ESTE LIBRO.
ESPERAMOS QUE O PASEDES TAN BEN COMA NOS ESCRIBÍNDOAS.

venres, 29 de abril de 2011

CONTACONTOS NO DIA DO LIBRO

PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA; QUE BEN O PASAMOS COA HISTORIA DE LÚA!!!!

luns, 4 de abril de 2011

@S BACON GOZAMOS NO ENCERADO DIXITAL

@s Bacon traballamos moito no encerado dixital. Nun só día fixemos varias actividades:


- Na primeira identificamos sons de animais.


- Na segunda estivemos colocando difrentes formas no oco que lle correspondía.


- Na terceira tiñamos que meter aos patos dentro da súa casa sen deixar ningún fóra.


- Por último, vimos os elementos que temos na cara e construímos varias caras divertidas.




venres, 1 de abril de 2011

@S BELL ENTRE NÚMEROS

@s Bell fixemos dúas actividades no encerado dixital nas que xogamos cos números...


A tod@s nos saíu moi ben, mirade...


martes, 1 de marzo de 2011

GUTENBERG, CANTAS SON...??

No encerado dixital apareceron dous extraterrestres moi simpáticos que dixeron: "podédesnos axudar a sumar as nosas moedas para saber cantas temos???"
E nós claro que lles botamos unha man, e sumamos as moedas que ían aparecendo.

Mirade, mirade...

luns, 28 de febreiro de 2011

CONTO CON CONTO...CANTACONTOS

Que vos parecería se todas as semanas tiverades a oportunidade de participar nunha sesión de contacontos de primeira categoría???
Pois isto pasa en tódalas aulas de infantil durante a hora de ler todos os xoves.
Quen son @s grandes cuentistas? Pois o fantástico alumnado de 6º de primaria.
Mirade e disfrutade dunha sesión c@s Bell a cargo de Patri e Paula.

domingo, 27 de febreiro de 2011

FORMAS E FORMAS...

@s Edison fixemos unha actividade bastante difícil no encerado dixital, na que tivemos que pensar e pensar un pouco. Nesta actividade había que completar as series coa forma que lle correspondera... Pero saíunos moi ben e gustounos moitoooo.

Mirade como o fixemos...


sábado, 26 de febreiro de 2011

DE OVEIRA A CARABELA

Os Bacon decidimos transformar unha oveira en carabela. Conseguimos os materiais, nos puxemos a traballar e así o fixemos.

sábado, 19 de febreiro de 2011

@S BELL NO ENCERADO DIXITAL

Unha das primeiras actividades que @s Bell fixeron no encerado dixital foi escribir o seu nome. Cun só dedo ían escribindo e a maxia do encerado facía que apareceran os trazos do nome.

Fixérono estupendamente, mirade...



luns, 14 de febreiro de 2011

UNHA VISITA ESPERADA

A semana pasada, @s Bell recibimos unha visita moi especial. Pablo, o irmán de Joel veu coñecernos na compaña da súa mamá. Que contento estaba Joel ó presentarnos ó seu irmán!!! Ademais, Pablo trouxo todos "os seus complementos" que poidemos usar, tocar, cheirar... Estábamos encantad@s!!! e Anxo non perdía detalle de todo o que falabamos, por que será??

domingo, 13 de febreiro de 2011

AS CARABELAS DE COLÓN

OS GUTENBERG CONSTRUÍMOS UNHAS CARABELAS PARA IR O NOVO MUNDO; COMEZA A VIAXE!!!!!

xoves, 3 de febreiro de 2011

MAKING OF DÍA DA PAZ

Ola amigos lectores. Como ben sabedes o 30 DE XANEIRO é o DÍA DA PAZ. Este ano caeu en domingo polo que tivemos que adiantar a súa celebración ao venres 28. ¡¡¡FOI UN DÍA ESPECIAL!!!. Estivemos traballando no cole dos maiores en diferentes obradoiros e ao rematar xuntámonos todos no patio de abaixo para representar a canción: "DON MELITÓN". Pero ollo, seguro que non é a que todos estades a cantar neste intre. Mirade e observade como se fai!!!.

domingo, 30 de xaneiro de 2011

TRABALLANDO COA CARACOLA TOLA

Tódolos venres a Caracola Tola nos presta os seus libros para que os leamos coa familia. Con estos libros, que nos encantan e lemos unha e outra vez, facemos, posteriormente, na clase, un traballo un tanto complicado, xa que temos que :

luns, 17 de xaneiro de 2011

@S AMIG@S BACON NOS DIVERTIMOS ..

No ximnasio..., tódolos venres pola mañán. Comezamos cuns exercicios de quecemento, continuamos con algo de movemento e unha actividade proposta pola profe, rematando, a sesión, cun pouco de relaxación... por iso de quedar un pouco máis tranquilos.