martes, 28 de abril de 2009

Lost in Outer Space

Perdidos na nada cósmica topamos este libriño.

OBSERVANDO O NOSO ARREDOR

NA NOITE, NO CEO, PODEMOS MIRAR AS ESTRELAS, OS ASTROS E ALGÚNS SATÉLITES ... PERO DENDE A TERRA SON TAN PEQUENIÑOS QUE NOS PREGUNTABAMOS COMO PODERIAMOS FACER PARA OBSERVALOS UN POUQUIÑO MAIS CERCANOS ... OLLANDO NALGÚNS LIBROS ...













DESCUBRIMOS QUE PODIAMOS USAR UN TELESCOPIO. FIXEMONOS CON UN, MONTAMOLO NA CLASE E... ¡ A GOZAR MIRANDO !


CONTOS DA LÚA

Para celebrar o DÍA DO LIBRO estiveron con nos o alumnado do ciclo de Educación Infantil do Instituto de Chapela para contarnos contos da Lúa. Trouxeron uns escenarios abraiantes e uns titeres moi divertidos. Pasámolo moi ben coa súa escenificación na que puidemos participar.

domingo, 26 de abril de 2009

Pequen@s Einsteins

Aqui tedes un exemplo dun dos experimentos que fixemos todos os rapaciños de infantil. Con cocacola e mentos fixádevos o que aconteceu...

sábado, 25 de abril de 2009

QUIXOTEANDO

Nun lugar de Chapela do que non quero lembra-lo nome, non hai moi tempo que facemos marionetas as Estrelas Brancas: coloreamos, recortamos, pegamos e o rematar xogamos con elas mergullándose nun mundo cheo de Quixotes, Sanchos, Dulcineas, Rocinantes, Rucios e ducias de aventuras de cabalerías .... (esta historia lémbranos a outra.. ou non)


xoves, 23 de abril de 2009

MANS Á OBRA!!...O CASCO DE DON QUIXOTE

Se queres convertirte nun verdadeir@ cabaleir@ andante, é preciso ter un casco axeitado. Coa Lúa Nova aprenderás a confeccionalo e pasaremos un bo rato cabalgando á procura de aventuras.


23 de abril DÍA DO LIBRO


Este ano no noso cole decidimos traballar a Don Quixote da Mancha para conmemorar o Día do Libro.

A verdade é que aprendimos un montón de cousas sobre este persoaxe creado por Don Miguel de Cervantes, ao que tamén chaman "O manco de Lepanto".

Tanto aprendimos que os nenos e nenas de 5º quixeron vir a nosa clase para escoitarnos.
Eles tamén nos ensinaron moito do que sabían. Pasamos un tempo estupendo e dímonos conta que "aínda que somos pequenos, moitas veces temos moito que ensinar".



xoves, 16 de abril de 2009

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA

As estrelas vermellas quixemos celebrar este día a nosa maneira; e para isto preparamos este fabuloso poema que aquí podedes escoitar. Esperamos que vos guste

IANUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DA CARCOLA TOLA

Aquí estamos Lúa Chea recitando o poema de Ana María Fernández "Tres voltas ó Planeta" a que nos sae estupendamente?

mércores, 15 de abril de 2009

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA

AQUI ESTAMOS AS ESTRELAS BRANCAS RECITANDO O NOSO POEMA DO DÍA DA POESÍA. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!

martes, 14 de abril de 2009

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA

Despois de tantas esperas, por fin... ¡¡¡Chegou o gran día!!!

Goza connosco escoitando a LÚA NOVA nesta escolma de poesía de Antonio García Teixeiro: "Poemas do sol e da lúa"