Páxina

venres, 12 de xuño de 2020

GOOD BYE


Ola nenos e nenas!!!! E velaquí a última proposta de inglés do curso 19/20 e tal e como di na imaxe: 

GOOD BYE 
GOOD LUCK

BICOS GRANDES DA PROFE OLGA!!!!! 



TEACHER OLGA



ÚLTIMO RETO...

CONSEGUIDO!!!

Esta semana vimos do que sodes capaces. Parabéns por conseguir este reto dos 5 sentidos, non era tan fácil!

Chegamos ao último reto e queremos felicitarvos polo gran traballo!!!


mércores, 10 de xuño de 2020

DESPEDIMOS O CURSO


Ola nenas e nenos!!!! 

Xa queda nadiña para rematar este curso que foi, a verdade, un pouco raro e no que, a pesar de todo demostrástedes ser uns verdadeiros CAMPIÓNS!!!!!!! 

Hoxe queremos pedirvos algo especial para despedir este curso como se merece. Necesitamos que grabedes un video (30 segundos aprox) despedíndovos do cole, dos compis, do curso... para facer un super mega video do CEIPP ALEXANDRE BÓVEDA!!!! 

Despidamos o curso na distancia, pero xuntos!!!!!!! 

ANÍMATE E PARTICIPA!!!!! 
(PRAZO PARA MANDAR OS VÍDEOS OU FOTOS ATA O MARTES 16 DE XUÑO)

(Se o video che da un pouco de reparo, vale con que nos mandedes unha foto simpática para despedir este curso 2019/20) 

En setembro empezaremos con mais ganas, con mais forza e con moitas sorpresas!!!!

BICOS FORTES PARA TODXS!!!!!!



luns, 8 de xuño de 2020

FOGOS ARTIFICIAS

Ola, ola!!!! 

Achégase o fin de curso e as vacacións de VERÁN!!!! Así que hoxe toca facer FOGOS DE ARITIFICIO!!!!!!! Aínda que este curso foi un pouquiño raro, vamos a celebrar todo o que traballastedes que non foi pouco!!!! 

MOI BO TRABALLO !!!

SODES UNS CAMPIÓNS!!!! 



BUSCAMOS UN TESOURO?

Ola nenxs!!!! 

O último reto para este curso 19/20. VAMOS A POR EL!!!!!

BICOS FORTES!!!!! 



xoves, 4 de xuño de 2020

MANDALAS

Bos días!!!! 

E para hoxe, xoves, deixamos voar a imaxinación e creamos... MANDALAS!!!!!! (Con pinturas, con pedras, con macarróns, con paus depresores, con canicas, con flores...) TODO VALE!!!

MOITOS MOITOS BICOS!!!!! 





mércores, 3 de xuño de 2020

ENGLISH!

Bos días!!!!! 

E aquí as tarefas de inglés da profe Olga!!! 


PREMEDE NO LINK! 

BICOS FORTES!!! 


martes, 2 de xuño de 2020

NOME CON OBXECTOS

E para hoxe... creamos o noso nome con obxectos... 

Seredes capaces????

Buscade obxectos que empezen polas letras dos voso nomes e a construir!!!! 




Un bico forte!!!!

luns, 1 de xuño de 2020

RETO SEMANAL PARA COIDAR O PLANETA!

Bos días a todxs!!!

    Hoxe queremos traervos un reto diferente, non obstante, igual de interesante... porque, sabedes? Dentro de moi pouco celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e tamén o DÍA DOS OCÉANOS... concretamente, o 5 e o 8 de xuño... Se mirades no calendario, veredes que xa queda moi pouco para celebrar estes dous días tan importantes. Todos debemos coidar o planeta onde vivimos, pero non só estes dous días senón TÓDOLOS DÍAS!

Dende o cole, preparamos unha serie de actividades para celebrar estes días e concienciar (nos) e concienciar a TODO O MUNDO da importancia de coidar a terra,  o mar, a auga... e por eso, o reto desta semana ten moito que ver con esto... Vamos a lanzarvos unha pregunta... e tendes que mandarnos un pequeno video dándonos a resposta ... seguro que tendes moi claro que pasaría se...


POIS AHÍ O TENDES... 

O RETO DESTA SEMANA...

QUE PASARÍA SE NO MUNDO SE ACABASE A AUGA?????

SEGURO QUE TAMÉN NOS PODEDES DAR ALGÚN CONSELLIÑO PARA QUE ISTO NON SUCEDA, VERDADE???

Pois ahí vos deixamos o reto desta semana. Esperamos os vosos vídeos... debuxos... dando resposta a esta pregunta ou tamén deixando algún conselliño para coidar este ben tan preciado entre todos. 
A AUGA. 

Esperamos a vosas respostas, coma sempre en: estrelasbrancas@gmail.com 

Unha vez os teñamos todos, montaremos un vídeo para publicar no blogue e tamén en twitter e así axudar un pouquiño a concineciar sobre a importancia que a auga ten nas nosas vidas! 

UN BICO FORTE!!!!!! 

E para darvos ideas... podedes ver un par de vídeos interesantes...