domingo, 12 de decembro de 2010

OUTROS USOS DA COVA PREHISTÓRICA

@s Bell sempre estamos dispost@s a novas experiencias...

Sabedes que a gustiño se le e se xoga na nosa cova??

Mirade e disfrutade!!!

sábado, 11 de decembro de 2010

CREANDO ARTE COAS NOSAS MANS

Os Bacon, ao mesmo tempo que iamos aprendendo todo iso de saber estar e facer na clase, comezamos a realizar pequenos traballo con diferentes materiais. As temáticas son diversas, pero así saimos todos nas fotos.

xoves, 9 de decembro de 2010

QUEN DIXO MEDO?

Estes días @s Edison estivemos vendo varios animais relacionados co mundo dos cromañóns e cromañonas. Coñecemos os utensilios e as técnicas que empregaban os cromañóns para cazalos, para que se empregaba a súa pel, os seus ósos e a súa carne. Sabemos tamén que os mamuts eran moi grandes e moi difíciles de cazar. Pero había un animal ,DENTE DE SABLE, ao que lle tiñan moito medo xa que era moi fero e como o seu nome di, tiña uns dentes moi longos e afiados. A verdade e que @s Edison non lle temos nadiña de medo, ademais nós sabemos ruxir máis forte e mellor.

martes, 7 de decembro de 2010

@S EDISON ACENDEN BOMBILLAS

Como non podía ser doutra maneira, @s Edison estivemos xogando con bombillas na pizarra dixital. Tiñamos que acender tantas bombillas como nos dixera o noso querido amigo Bombillo, que ía dicindo un número de cada vez e foi o gran axudante nesta tarefa.

Bombillo quedou moi contento porque o fixemos moi ben!!!!


xoves, 2 de decembro de 2010

@S BELL DE CAZA!!!

Canto cazaban @s noso@s amig@s Cromañón e Cromañona!!! Pois nos non íamos ser menos e eiquí estamos construíndo as nosas lanzas para a gran festa prehistórica que imos celebrar como remate do proxecto deste trimestre.
Foi todo un proceso. Primeiro construimos os mangos enrolando papel sobre un rotulador, logo pintámolos imitando a madeira. Para facer as puntas das lanzas, empregamos cartón con ceras brandas e corda para enganchalas.

Mirade e disfrutade!!!